Tiña pensado titular esta breve reflexión como comeza a desfeita, porén a TVG no telexornal da medianoite titulou a información sobre as eleccións de Cataluña deste xeito e decidin copiarlles: a ver se me convirto nun galego bo coma eles.
Serei breve, o afundimento do PSC e a suba do PP non son boa cousa para nós. Parecen indicar e confirmar o tan traído cambio de tendencia. Se o PP chega o poder en Madrid, so ou falando catalán na intimidade, aquí vai ser peor do que xa é. Sen deixar de loitar por tentar gañar as vindeiras autonómicas ese plan B do que tantas veces falamos neste blogue faise un chisco máis acuciante desde onte. Sempre que queramos salvar algo máis que siglas. Cousa que as veces dubido.
Tags: Patria Galega
5 comments so far