9
Feb

Vaia Semaniña

   Posted by: lannister   in Política

Con dúas semanas de retraso, debido a problemas varios, publico unha colaboración deXopau.

” VAIA SEMANIÑA!!!

Esta semana estamos de despedidas. Dicimos adeus á liberdade en Internet e adeus á Nova Caixa Galega antes de nacer.

Os culturetas e artistiñas estarán de noraboa pero os que entendemos o feito artístico coma unha profesión igual que as demais non podemos asistir máis que con desolación ao desmantelamento das descargas en Internet.

Hai anos que a cultura se tornou mercancia e son os mercados os que din que cadros custan 10 millóns de euros, que libros serán best-sellers ou que un músico cobrará sempre máis que un poeta…todo isto sen explicacións racionais, sen argumentos…só pola inefable lei da oferta e a demanda que como xa se sabe nunca é tal.

Foi internet o instrumento máis eficaz para descapitalizar a arte, pois son precisamente os contidos máis consumistas e máis inseridos na dinámica capitalista os que sofren o maior número de descargas. Así se explica a alegría de Alejandro Sanz e de tanta outra xente que para seguir acumulando as súas abusivas fortunas tiveron nestes anos que tirar do directo e voltar as orixes mesmas do feito artístico. Están de parabéns. Seguiremos manténdolles os jets privados, as casas en Beverly Hills, etc…

A miña ilusión sempre foi non atinar. Unha conciencia negativa do devir humano, o feito de vivir nun país cunha historia sen grandes euforias nos últimos quiñentos anos e un certo caracter pesimista fan que os meus vaticinios encarrilen, sen case querelo, cara ao negativo. Así foi no tema das caixas onde desde o comezo non vin con claridade que a fusión fose a solución de nada e onde as apertas co PP soaban como a trampa de seguro.

Varias cousas me parecen evidentes neste tema:

Se dúas entidades con enormes activos contaminados se fusionan os activos contaminados tamén se fusionan e non desaparecen como por arte de maxia. En total entre as dúas chegamos a 30603 millóns de euros no sector inmobiliario un 55% do seu capital.

Á marxe da política, se estas dúas entidades viven e se benefician do diñeiro prestado pola banca estranxeira é normal ( e non arte do demo) que esta estexa un tanto preocupada e queira garantías de que vai cobrar. Igual que a NCG quere garantía dos particulares ou empresas aos que deixa diñeiro.

Se toda a vida defendimos que as caixas funcionaban moi mal e eran como bancos, por que carallo nos asusta agora a bancarización?

Podemos ter un banco galego e con obra social… o Pastor xunto coa fundación Barrié xa o é. Eu creo que os esforzos deberían ir por aí.

Por último teño duas teimas. Sempre se vai mellor co PP que co PSOE e neste últimos dous anos se fica alguén que non lle quede claro,ademais de por motivos sentimentais, que explique por que. Eu son dos que quero saber a onde vou mesmo cando vou a precipitarme polos cantís. Non teño palabras para o que leva feito o PSOE., A segunda certeza é que na economía capitalista gaña o que xoga coas regras da economia capitalista e non o que vive nun lamento permanente por aquilo que se perde.

Por certo irei á folga da CIG…outro enorme lamento por algo que con catro millóns de parados xa non interesa a ninguén. A xente pregúntase como cotizará para cobrar…dá o mesmo 35 que 40 anos.

Sinto o retraso e que moito do que di perdera algo de actualidade.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Mércores, Febreiro 9th, 2011 at 11:33 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

6 comments so far

heder
 1 

Pois das duas teimas eu non vexo ningunha
Da primeira, explícame por qué ia ir mellor con outras siglas pero co mesmo programa. Estes anos puxeron en evidencia que co Psoe non vai peor que co PP, vai exactamente igual.
Da segunda, precisamente polo visto nestes anos, na economía capitalista gaña o que xa gañara antes de empezar, porque se gaña non paga impostos e se perde dánselle cartos públicos porque é demasiado importante para deixalo caer e despois dise que hai que apretar o cinto porque hai déficit público, e encima cámbianse as leis que haxa que cambiar para que poida gañar ainda mais.

Febreiro 9th, 2011 at 8:06 p.m.
xopau
 2 

A inmensa maioría gaña en Alemaña. o capitalismo só e criticable desde a optica do Terceiro Mundo…como xa quedou claro coa estrepitosa queda da esquerda occidental…gaña nos paises ricos por goleada fronte a calquer outra ideoloxía.

Febreiro 9th, 2011 at 10:48 p.m.
Heder
 3 

Ah, pero hai outra ideoloxía presentándose ás eleccións en calquera pais de Europa occidental? Todo occidente leva aplicando recetas neoliberais desde a caida do muro. Resultado: en todos os paises occidentais se vive peor do que nunca se viviu antes. Alemania incluida. Como xa dixen mais veces, o problema da esquerda occidental é que NON EXISTE. Polo menos nas opcións electorais. Salvo que para ti o que defina a ideoloxía dun partido sexa o nome e non o programa, claro.

Febreiro 10th, 2011 at 3:52 p.m.
xopau
 4 

Eu a ti véxote moi de esquerdas e existes ou eres un bott deses que lanza cuestións aleatoriamente?

Febreiro 10th, 2011 at 5:36 p.m.
Heder
 5 

Existencia física parece que teño, pero existencia electoral non moita.
Se quixese presentarme ás eleccións con un programa realmente de esquerdas, ningún banco me deixaria un peso para a campaña. Se ainda así me presentase, a prensa libre non me mencionaría . Se ainda así lograse representación, empezarian a mencionarme, pero para criticar canto diga ou faga. E se ainda así lograse un poder determinante nalgunha institución con competencias en economía… en fin, para evitar iso está a lei de partidos.
Por certo, que che pareza a ti moi de esquerdas non ten moito mérito. Ata che parece de esquerdas o Psoe…

Febreiro 11th, 2011 at 4:48 p.m.
xopau
 6 

O PSOE parecerame de esquerdas mentres os teóricos da esquerda non eliminen do seu programa ideolóxico a reivindicación de dereitos civís: racismo,muller, gays, etc…cando a esquerda se defina con programa económico-social o PSOE non será para min de esquerdas evidentemente. mentres a Esquerda siga co maio do 68…o psoe é moi de esquerdas…

Febreiro 13th, 2011 at 12:48 p.m.