Hoxe día de San Patricio, patrón da Santa Irlanda e deste blogue, facemos dous anos. Toca polo tanto unha reflexion interna na liña da do ano pasado. A verdade é que a cousa non vai mellor, nin no blogue nin no país.

Respecto a situación do país pouco podemos dicir que non dixeramos xa. Situación que se pode apreciar na rede onde esa forte onda de actividade froito da desfeita do 1 de Marzo foi acougando pouco a pouco. Pode apreciarse claramente nas ligazóns inseridas neste blogue. Pode verse como moitas levan a sitios que xa non existen, que levan meses sen actualizar ou se converteron en sitios privados.

A situación da rede incide no tráfico deste pequeno lugar do blogomillo. Moitas das fontes de tráfico xa non existen ou están paradas. Ademáis, os feeds doutros lugares que fan referencia a este sitio, por algun motivo, non se actualizan polo que a xente que viña desde eles non pasa por aquí porque a información que eles teñen é que nos non nos actualizamos.

O resumo final é que a media de visitas descenceu a 4 a semana. A suma de todos estes elementos levoume a tomar unha decisión relativa a cando pecharemos o chiringuito. Unha decisión na liña dos nosos compañeiros de seioque que desenvolveron un proxecto con data de remate. E a data tomada é: despois das vindeiras eleccións autonómicas. Se gaña o PP xa todo dará igual e se non gaña, tamén so que esperemos que por outras razóns. Mentres, aínda que por aqui so pasemos os tres do equipo de redacción, seguiremos abertos coas pausas habituais. Sempre que Deus e San Patricio queiran, claro.

Sen máis, Feliz día de San Patricio!

Tamén en Galizauberalles2

This entry was posted on Xoves, Marzo 17th, 2011 at 11:02 a.m. and is filed under Sen clasificar. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.