25
Mar

Que facemos cos musulmáns?

   Posted by: lannister   in Política

A longa serie de anotacións sobre o islam viña a conto dun debate na extinta CNN+, producido durante o verán, no que os representantes mais progres falaban da necesidade dunha consideración especial cara os musulmáns. Pola contra o representante da esquerda mais tradicional avogaba pola simple igualación de todos ante a lei e procurar un estado laico.
A verdade e que ámbalas dúas opcións reflicten os dous modelos, fracasados, de integrar na sociedade occidental a amplísima vaga de inmigrantes de distintas procedencias e fe musulmá que chegaron a Europa desde os anos 50.

O modelo británico optou por conceder, ou desentenderse deles segundo outros, unha ampla capacidade organizativa os inmigrantes. Dese xeito xurdiron comunidades plenamente autónomas nos seus asuntos internos nos que se mantiveron a lingua, os costumes e mesmo as leis dos países de orixe. Quinteiros enteiros e mesmo cidades convertéronse en copias de lugares de Paquistán a India, Bangla Desh…. O resultado foi bo a curto prazo: escasa conflitividade, aforro de recursos para o Estado ao deixar en mans das propias comunidades a meirande parte dos servizos, e, se nos poñemos mais intolerantes, todos os inmigrantes nun mesmo sitio ben lonxe da mirada do inglés medio. O fallo produciuse a partires dos anos 80 o constatar que o nulo contacto provocaba, vaia sorpresa, que as novas xeracións seguisen a ser fundamentalmente o que eran seus pais sen crear fortes lazos coa Gran Bretaña.
O modelo francés optou por aplicar as leis da República a todo o mundo. En Francia so pode haber franceses. Porén se desde o punto de vista político os acabados de chegar foron sometidos a todos os mecanismos de integración da República o compoñente económico e de choque cultural volveu crear quinteiros exclusivos destes grupos. O resultado foi bo unha vez mais no curto prazo. Sobre todo porque moitos, se non a maioría, tiñan a aspiración de volver para os seus países nalgún momento. Obviamente a partires dos 80 e coas xeracións nadas en Francia xurdiron os problemas. Pode que a ollos da República todos foran franceses, de feito o francés é a súa lingua en maior medida que o árabe, porén para os franceses eran outra cousa.

Como vemos o fracaso de ámbolos modelos ten moito mais que ver con factores dos propios países de acollida, desidia e prexuízos sobre todo, que coa maldade intrínseca do islam. Visto isto chegamos o estado español onde ninguén e racista e os únicos intolerantes son os malvados nacionalistas periféricos que oprimen os pobriños castelán falantes. Como esta a cousa?

En primeiro lugar estamos na primeira fase do proceso. A inmigración e moi recente e os problemas, se os hai, xurdiran dentro de 20 anos ou así.
En segundo lugar, como en tantas outras cousas, aquí ninguén ten claro se hai un modelo que aplicar. A progresía esta no da consideración especial, agás no do Burka por aí si que non pasan, en parte por esta teima hispana de que todas as relixións son boas menos a católica. E a dereita carece de calquera idea mais aló do aproveitamento electoral ou para vender xornais. De antoloxía os comentarios a raíz da revoltas árabes dalgúns deles. Parece que Tariq acabe de poñer pe en Tarifa.

É dicir que aquí como en todo esperarase a que pase algo para sacar un bo feixe de leis: restritivas, farragosas e antidemocráticas. Ogalla me trabuque.

Por último cal é a miña proposta?
O estado laico, a igualdade de todos ante a lei, e o recoñecemento de todos aqueles elementos culturais, como a lingua, que non atentan contra os dereitos dos demais. Empezar por deixarlles construír mesquitas sería un bo primeiro paso.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Venres, Marzo 25th, 2011 at 11:49 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.