24
Mai

Vai un, quedan dous!

   Posted by: lannister   in Desfeita

Chegou e pasou o primeiro dos tres luns negros. Quedan dous. Neste podemos recorrer as obviedades de sempre: puido ser peor, a conxuntura ou que a cada quen lle guste máis… A verdade é que a hostia para o BNG foi gorda. En canto o PSOE todo marcha segundo o previsto. Desde o día seguinte das xerais de 2008 hai un ruxe-ruxe continuo nos medios que di que o PSOE camiña cara a súa disolución. O culpable e a solución disto é para uns que o PSOE se vendeu o separatismo e debe voltar a senda da Nación, ou sexa España, mentres que para outros é porque se volveu moi xacobino e debe ser máis federal. A verdade é que calquera o sabe. O único claro e que neste momento España é azul e camiña a ser SO AZUL.

Por outra agora que todos teiman en descubrir se influíu no resultado, ou non, Democracia Real Ya! eu reafírmome en que aínda é cedo para sabelo no senso de como afectou a esquerda. No caso da dereita esta claro que como tantas veces anteriores as acampadas déronlles o empurrón que precisaban: agora si que a esquerda esta dividida, agora si que hai que parar a revolución!

Remato cuns apuntamentos:

–         a dubida de quen é a cuarta forza, entendendo como tal unha e non voto en branco/nulo, decantouse a favor de esquerda unida. Hai que foderse!

–         A miña querida Converxencia XXI obtivo un concelleiro en Tui. Terá que demostrar se son un partido de verdade ou a enesima forza local.

–         Menos mal que esta Bildu. A única boa noticia do día.

–         Por último cando se analizan os resultados sempre se pensa na suba do PP. Poren se  se analizan mais polo miúdo vese que non sobe tanto senón que se esfondan os outros. Non teño os datos para toda Galiza poren pasáronme uns da Mariña que dan para reflexionar. Os datos aquí.

Tamén en Galizauberalles

Tags: ,

This entry was posted on Martes, Maio 24th, 2011 at 10:19 a.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

4 comments so far

xopau
 1 

No computo xeral de Galiza baixan votos con respecto ás autonómicas.

Maio 24th, 2011 at 11:10 a.m.
milles
 2 

Pero isto hai que velo concello a concello, en xeral nos sitios onde o nacionalismos local tivo liberdade para librar a sua guerra subiu, falemos de pontevedra, carballo, ribadeo, teo, …
Onde mandou o consello nacional obrigandoos a manter pactos co psoe sen liñas vermellas, deixando o socio roubar (como en coruña) ou facer o feixista (como en vigo) ou o paquete (como en santiago) foronse o carallo e comeronse unha hostia que nin dios. E o peor, o bo que fixeron capitalizouno o psoe, basta falar con calquer lugues dos logros de Orozco: son todos concellerias do bng (da epoca do bipartito dende enton non fixo nada novo).

E non poden estar contentos os alternativos, chamalle independentismo camuflado ou supostas alternativas nacionalistas moderadas (mais???). De cada 5 votos que baixa o bng non pillan nin 1.

En fin, como xa dixen fai 2 anos o nacionalismo mais moderado dos ultimos 15 anos acadou os peores resultados dos ultimos 15 anos. Penses o que penses hai que dicilo e facelo claramente ou de pouco vale ser un administardor caralludo.

En fin, que catro anos pasan cagando hostias
Saude
Milles

Maio 26th, 2011 at 8:15 p.m.
milles
 3 

Agora que o vexo os resultados na mariña non vos podedes queixar, o de estar nun extremo do pais ten as suas avantaxes…

Maio 26th, 2011 at 8:17 p.m.
xopau
 4 

paréceme unha análise boa aínda que se poida discrepar en algo. Porén como xa verías na prensa inaugurouse o mes da “UPG” como xa dixen eu ao ver os resultados. No canto de definir discursoso Tello e compañía , non contentos con non ter feito campaña, queren diluir aínda máis o discurso… foder!!!!

Maio 27th, 2011 at 10:14 a.m.