A canle de Unidad Editorial, propietaria de El Mundo, Veo7 vai ser reestruturada debido os problemas financeiros. Isto sumase a desaparición da canle de Prisa, CNN+ o 28 de Decembro pasado.
E que conclusións podemos sacar disto? Dúas, unha económica e outra política.
- No primeiro caso pode parecer hasta divertido ver como das malas novas de Prisa nos enteramos polo Mundo e das de Unidad Editorial por el País. En calquera caso o problema de fondo é que os grandes medios de comunicación de España están todos en pésima situación económica. As debedas son millonarias e o seu modelo de negocio constitue unha fuxida cara adiante a ver que pasa. Neste senso o primeiro en «caer» foi Prisa. Acuciada polas debedas e resentida con Mediapro e o goberno acabou vendendo o negocia televisivo en aberto, Cuatro, a Telecinco. E ampliando capital cun fondo de inversión estranxeiro que a partir do ano vindeiro dira como queda na practica a liña editorial (promesas de seguir sendo de centro-esquerda a parte). Unidad Editorial capea a crise porque pertence a un grupo italiano, quen o fartarse de perdas deu orde de meter man en Veo7.Vocento non vai moito mellor e de feito a súa canle La10 xa reduciu programación. E Intereconomía ven de pedir axuda os seus espectadores, mentres Mario Conde pensa se invertir ou non. En definitiva como o ladrillo a televisión foi un dos campos da especulación que teoricamente ía rematar nun negocio millonario coa TDT e na practica quedou como estaba: endeudado e pendente dos ventos políticos agás Telecinco que converte en ouro todo o que toca.
- Desde o punto de vista politico o mal estado económico dos membros do TDT Party so vai acentuar a sáu verborrea. A fin de contas se La10, ten un 0,4% de audiencia, Veo7 un 0,9% e 13TV un 0,3%… Intereconomía ten 1,6% cunha media de espectadores en «El Gato al agua» de 450.000. Polo tanto seguiran erre que erre coas súas teimas. De feito o da desaparición/privatización das canles autonómicas responde non so a ideoloxía senon tamén a necesidade: se estas se privatizan non so a publicidade caera nas súas mans senon as mesmas canles. A presión ira en aumento para conseguir favores politicos do mesmo xeito que Prisa e Mediapro loitaron polos favores do PSOE. Ao fin, co Rubalcabato, gañou Prisa. Por certo esta victoria puxo en apuros a La Sexta que probablemente acabe en mans de Antena3, propiedade de Planeta tamén dona de La Razón. Co cal deixando a un lado que o mellor é xestionar a través da internet o que un ve, o quid é: se todalas canles de televisión acaban en mans da dereita, hai posibilidade de gañarlle unhas eleccións?
Non falei de Galiza porque aquí o único cambio respecto a situación xeral é o grupo de La COZ. E xa sabemos que esta non ten problemas económicos: a fin de contas son unha consellería máis e raro é o día que o DOG non lles de uns cartiños.
P:D: Co fin de ver como estaban antes as cousas non ven mal releer estas dúas anotacións anteriores: Envía SS e Cousas da TDT
Tags: Medios de comunicación
This entry was posted on Venres, Xuño 17th, 2011 at 10.15 a.m. and is filed under Política.
RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed.
http://lannister.blogaliza.org/2011/06/17/there-can-be-only-one-quen/trackback/You can leave a response, or trackback from your own site.
One comment
Leave a replyLeave a reply