23
Set

Debemos chorar por Xornal de Galicia?

   Posted by: lannister   in Política

Se en Galiza hai un medio de comunicación que resultou  polémico desde a súa fundación ese foi Xornal de Galicia. A verdade é que o proxecto pode considerarse como o mellor exemplo do que non hai que facer a hora de montar un medio de comunicación «galeguista» por dicilo dalgún xeito. Desde o comezo foi incapaz non só de disipar as dubidas sobre a súa orixe senón de satisfacer a aqueles que, coma min, puxeramos moitas esperanzas nel. A verdade eu perdín o interese nel moito antes de que se oficializase o cambio de liña editorial, máis ca nada porque eu noteilla moito antes. Un Xornal así e que ademais reducía a presenza do galego de pouco servía excepto para manter entretido en algo a Don Santiago e tentar crear a falacia de que o PSdG é un partido galeguista. Por iso podo dicir que o seu peche, tamén na rede, tras facelo no papel non me alegra porén tampouco vou chorar por el. Que nos debe quedar de Xornal? Para algúns pode que sexa a lembranza do que puido ser e non foi. Para min un montón de aprendizaxes útiles para cando alguén decida crear un xornal galego, en galego e nacionalista, de verdade. Xa sei que o 99,9% da poboación pensa que iso é imposible. Eu estou no 0,01% que pensa que é posible. Diso falarei outro día, se me lembro.

Por outra banda déixovos información sobre a folga do 21 e o vídeo de Rajoy no que se te fixabas aparecía a estreleira.

Tamén en Galizauberalles2

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tags: , ,

This entry was posted on Venres, Setembro 23rd, 2011 at 9.23 a.m. and is filed under Política. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. http://lannister.blogaliza.org/2011/09/23/debemos-chorar-por-xornal-de-galicia/trackback/You can leave a response, or trackback from your own site.

2 comments so far

heder
 1 

E por desgraza, pecha tamén A Nosa Terra. ¿Queda algún medio de comunicación en galego, aparte do Galicia Hoxe?

2011-09-23 at 2.53 p.m.
xopau
 2 

Xa…mais o problema ésempre o mesmo…onde está a resposta do nacionalismo a esta masacre nun só ano?

2011-09-26 at 1.59 p.m.

Leave a replyLeave a reply

Nome (*)
Correo electrónico (non se vai publicar) (*)
URI
Comentario
Olark Livehelp