28
Set

Vivir o galego, vivir en galego

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

VIVIR O GALEGO, VIVIR EN GALEGO: COMPROMISO CIDADÁN POLA LINGUA

Como cidadán galego, como cidadá galega, comprométome publicamente a:
  1. Usar o galego en todas as conversas nas que tome parte, sen mudar de lingua a menos que o interlocutor non a entenda.
  2. Educar e falar sempre cos nenos e as nenas en galego, promovendo o orgullo da nosa lingua e a tolerancia a respecto doutras.
  3. Apoiar na medida das miñas posibilidades –como lector(a), espectador(a), oínte, colaborador(a), subscritor(a), accionista…– os medios de comunicación que empregan e defenden o uso do galego.
  4. Non consumir medios de comunicación que teñen unha liña editorial agresiva cara ao galego.
  5. Mercar un libro en galego e asistir a unha representación teatral en galego polo menos unha vez ao mes e ir ao cine sempre que se exhiba unha película en galego.
  6. Esixir o atendemento en galego, oralmente e por escrito, por parte de todas as administracións públicas (concellos, deputacións, Xunta, goberno do Estado, Xustiza) e das corporacións prestadoras de servizos ao público que operan na nosa terra.
  7. Consumir preferentemente nos comercios e superficies comerciais que teñen unha actitude positiva co galego, evitando mercar productos e/ou servizos de empresas belixerantes contra o galego.
  8. Combater as discriminacións por razón de lingua, expresándome sempre con firmeza e cortesía.
  9. Denunciar a actitude dos poderes públicos e privados que promoven agresións contra o galego e negarme a calquera complicidade coas persoas que as executan.
  10. Apoiar as asociacións, forzas sindicais e políticas que usan e defenden a lingua e a cultura galegas.
Todos estes compromisos resúmense en dous: apoiar activamente todas as iniciativas cidadás e empresariais comprometidas coa lingua galega; e non ser cómplice de quen a ataca, despreza, ignora e/ou minusvalora.

Tags:

This entry was posted on Mércores, Setembro 28th, 2011 at 10:33 a.m. and is filed under Avisos e anuncios. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

4 comments so far

xopau
 1 

Isto quedaban ben no facebook

Setembro 28th, 2011 at 8:26 p.m.
SamuelBen
 2 

Estou de acordo, mais concretamente sería como cidadán galego burgués.
Faltaba un punto no que se potenciose o Albariño cando se vai de viños.

Outubro 5th, 2011 at 12:52 a.m.
lannister
 3 

Benvido Samuel. O manifesto é un de tantos. O problema é que os sigamos precisando e que cada un siga sacando o seu.

Outubro 5th, 2011 at 10:12 a.m.
xopau
 4 

Esas leiriñas…desde que nos fixemos coa micropropiedade no 1926 isto é un desastre…apertas aos dous.

Outubro 6th, 2011 at 6:00 p.m.