Archive for Novembro, 2011

18
Nov

Autonómicas 2012

   Posted by: lannister    in Desfeita

O vindeiro domingo vai rematar a campaña electoral máis longa da historia, pois na practica comezou coa convocatoria das eleccións de 2004. Desde o momento desa convocatoria ata hoxe o PP e sobre todo a dereita mediatica estiveron permanentemente en campaña. Agora por fin calarán un pouco.

Esta longa campaña vai rematar cunha vitoria do PP tan rotunda que parece que Rub-al-Kaaba non vai poder cumplir coa tarefa encomendada. O que van facer os populares coa maioría abafante froito de gobernar a estado e 12 autonomías é para botarse a tremer. Porén a xente esta esperanzada e contra a esperanza non se pode loitar. Dito isto pasemos páxina.

Que vai ser do BNG? Todo indica que os resultados van ser malos. Porque a mellor opción das que se barallan é manter os dous escanos, a peor quedar fóra do parlamento e a intermedia conservar un. Calquera das opcións é pésima. Non subir votos e escanos nas actuais circunstancias é un claro síntoma de que o nacionalismo, si, o nacionalismo non o BNG, esta dando as últimas boquexadas. Claro que o domingo pola noite comezara a seguinte ondada mediatica desde os afíns como Losada a os inimigos como a “puta Coz” falando de que todo é culpa da UPG. Análise profunda que será compartida por todos os que non son da UPG e volta a lea permanente. Só espero que Guillerme teña o valor de non dimitir.

E Converxencia XXI? Vai ser o caso contrario. Pode que non lles vote ninguén porén xa fixeron máis que as forzas “galeguistas” de dereitas nos últimos 20 anos. Lograron presentarse as eleccións xerais e manteñen a coherencia ideolóxica interna. Magoa que cheguen 20 anos tarde. Sexa como sexa, aínda que so teñan un voto, dados os seus recursos e implantación poden sacar peito do que fixeron ata agora.

Por último queda o asunto das autonómicas. O lóxico sería non adiantalas. O partido do goberno, por chamarlle algo a iso que fan, conta cunha maioría cómoda e non ten ningún problema. Porén desde o comezo da campaña das xerais comezaron os ruxerruxes sobre un adianto a 2012. As datas baralladas eran varias ata que a “puta Coz” pontificou que de haber un adianto sería no outono do 2012. Non só iso senón que tras esa pontificación o devandito “medio de comunicación” comezou a traballar con esa hipótese como verdade absoluta. Os articulistas só discrepan en que mes do outono serán.

Se de verdade se adiantan as eleccións autonómicas será a enésima proba do pouco que lles interesa Galiza a populares e cocenses. Porque esta claro que o único motivo para o adianto é mera mente electoral: aproveitar un PsdG tocado pola desfeita xeral do PSOE e afundir definitivamente un BNG que seguramente continuara o seu proceso de descomposición interna mentres os medios intensifican o seu acoso. Co cal o quid da cuestión non é revalidar a maioría absoluta que esta asegurada con Mariano na Moncloa senón varrer calquera tipo de oposición e converterse no PRI.

En fin, con isto remato a anotación e tamén uns meses de publicacións habituais. Agora por motivos  diversos véxome na obriga de adiantar a pausa do Nadal. Se Deus quere e San Patricio axuda voltaremos o 10 de Xaneiro. Polo tanto BO NADAL E FELIZ ANINOVO!


Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

16
Nov

Avisos varios

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Comezo con Converxencia XXI e o seu acto final de campaña:

“Queremos convidarte o vindeiro venres 18 de novembro ao mitin de peche de campaña de Converxencia XXI en Vigo.

O evento celebrarase na Sala Monterei do Hotel Tres Luces ás 21 horas. O Hotel Tres Luces fica na rúa Cuba, 19 da cidade olívica. (http://www.hotel3luces.com/vigohotel/esp/ubicacion.htm )
No mitin intervirán: Carlos Estévez como Candidato ao Senado por Pontevedra, Anxo Lodeiro Mella Cabeza de lista de Converxencia XXI ao Congreso dos Deputados por Pontevedra e Carlos Vázquez Padín como Secretario Xeral de Converxencia XXI. O acto estará presentado polo Coordenador electoral e Secretario de Finanzas Antonio Pérez González.

Non perdas esta oportunidade de coñecer aos candidatos e as Novas Ideas de Converxencia XXI!

Un saúdo,

A executiva nacional”

David Peón, tamén coñecido como  “Caralladas” e autor do blogue nosquedaportugal.blogspot.com informa do seguinte:

“Preséntovos a miña nova web personal: www.dpeon.com .

Unha web desde a que partillarei opinións, artigos divulgativos de economía e finanzas, documentación dos meus traballos para uso público, etc. E, como web personal que é, tamén haberá espazo para compartir inquedanzas,afeccións, ou calquer outra cousa que pague a pena. Só podo desexar que a vos tamén volo pareza!

Vémonos na rede!!”


O terceiro aviso é sobre o video no que os traballadores da TVG avisan sobre como vai quedar a canle coa nova lei:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=GnGr7dYK6bA

E remato co celebre video sobre a lingua e o pan de cea (ata se dignaron sacalo na TVG para mostrar como “El señor de las habichuelas” promociona o galego):

http://xavedes.wordpress.com/tag/pan-de-cea/


Tamén en Galizauberalles2

Tags:

15
Nov

Para non acabar así

   Posted by: lannister    in Desfeita

So tes dúas opcións, vota!

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

11
Nov

Esperanza e culpables

   Posted by: lannister    in Desfeita

Na teoría o sistema democrático basease nos seguintes alicerces: liberdade de elección, activa e pasiva, e capacidade racional do elector para non deixarse levar polos seus sentimentos. Isto último non sempre é así. Motivo polo cal desde a antigüidade se alerta do perigo da demagoxia e das eleccións irracionais. Neste momento atopámonos ante unha situación tan grave que a racionalidade vai saltar pola fiestra e deixar paso os sentimentos e as emocións.

Sentimentos e emocións que forman parte dos mecanismos de supervivencia do ser humano. En concreto agora mesmo o que vai primar no momento de ir a votar o día 20 van ser a esperanza e a existencia dun culpable que cargue coas culpas.

A esperanza esta representada polo PP. Da igual o que fagan os seus gobernos autonómicos ou que se supoña que van facer. A meirande parte da xente vaille votar pola sinxela razón de que precisan ter esperanza. Co PSOE non se pode seguir e vaise probar co PP a ver se as cousas melloran. O mito de 1996 xoga a favor desta esperanza. As cousas estaban mal e a partir de aí chegou o traballo e os bos tempos. De nada serve dicir que a situación económica é radicalmente distinta ou que xa non existen empresas publicas que vender por millóns, nin control dos tipos de cambio …

O culpable por suposto debe resultar crible e concordar co que pensa inconscientemente unha parte da poboación para que esta tire dos demais. Neste caso os culpables están claros: Zapatero e o PSOE, os funcionarios e as autonomías.

Tentar romper este razoamento irracional de esperanza e culpables e case imposible pois obrigaría a xente a facerse moitas preguntas e o que peor a obter desagradables respostas. Con estes vimbios o triunfo do PP é practimente imposible de deter. Hai algo peor? Si, vaise disparar o cartucho da esperanza. E como non funcione xa so quedara a carraxe. E todos sabemos a onde leva iso.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

9
Nov

Da censura e de Converxencia XXI

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Un amable lector informa do seguinte:

“Hoxe [referíase o día 5] aparece no diario El Pais esta noticia

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/CC/OO/acusa/Educacion/bloquear/centros/acceso/blogs/criticos/gestion/elpepuespgal/20111105elpgal_15/Tes

Seguindo o fío podedes ver os seguintes blogs para facervos unha idea do que está pasando… Cando todos teñamos a boca pechada, ¿quen berrará por nós?

http://davidov3.blogia.com/temas/tramppas-de-la-xunta.php

http://www.blogoteca.com/nlcampolongo/index.php?cod=105477

http://iesounonies.wordpress.com/2011/10/28/directores-pelotudos-e-inspectores-ociosos-3/#blgtk08#tores-pelotudos-e-inspectores-ociosos-3/

Saúdos a todos”



Por outra banda desde Converxencia XXI informan de:


Rematados os avisos unha puntualización final. Eu estou tendo problemas para acceder o apartado de publicación dos blogues. O caso máis grave foi onte que blogger non me deixou publicar e blogaliza non me deixou (segue sen deixarme) modificar a anotación. A priori supuxen que sería un problema das plataformas. Raro que as dúas fallasen a un tempo porén igual non é cousa delas. E iso que por aquí so pasan catro persoas contandome a min.  Sana paranoia miña?


Tags: ,