4
Nov

Escenarios de pesadelo

   Posted by: lannister   in Desfeita

Comezou a campaña electoral. O resultado a estas alturas parece cantado. Porén aquí van algúns escenarios posibles. Todos eles de pesadelo.

–          UpyD decisiva. Xa sexa como complemento dunha maioría absoluta ou dunha reforma constitucional.

–          Maioría absoluta do PP con 210 deputados. Con esa cifra podería reformar a Constitución ao seu antollo sen precisar a ninguén máis.

–          Goberno de Gran Coalición de feito ou de dereito. Por un milagre final o PSOE consegue un empate técnico e vaise a un goberno de Gran Coalición. Ou ben tras o esfondamento decisivo do mesmo deciden apoiar o PP en todo por “responsabilidad y patriotismo”

–          Vitoria do PSOE. Por un milagre aínda máis grande co anterior o PSOE consegue gañar as eleccións. Obviamente en minoría como ata agora co que sería unha repetición aumentada das dúas últimas lexislaturas. Ou ao final acabando na opción anterior.

Cal sería a única opción non pesadelesca? Un triunfo en minoría do PP onde as forzas necesarias para a formación de maiorías fosen o PNV e CiU. Ao fin todo vai dar igual. E imos ir a unha maioría absoluta e punto.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Venres, Novembro 4th, 2011 at 10:08 a.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

One comment

xopau
 1 

Visto así mete pánico…faigocampaña ou paso de todo?

Novembro 6th, 2011 at 8:37 a.m.