16
Nov

Avisos varios

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

Comezo con Converxencia XXI e o seu acto final de campaña:

«Queremos convidarte o vindeiro venres 18 de novembro ao mitin de peche de campaña de Converxencia XXI en Vigo.

O evento celebrarase na Sala Monterei do Hotel Tres Luces ás 21 horas. O Hotel Tres Luces fica na rúa Cuba, 19 da cidade olívica. (http://www.hotel3luces.com/vigohotel/esp/ubicacion.htm )
No mitin intervirán: Carlos Estévez como Candidato ao Senado por Pontevedra, Anxo Lodeiro Mella Cabeza de lista de Converxencia XXI ao Congreso dos Deputados por Pontevedra e Carlos Vázquez Padín como Secretario Xeral de Converxencia XXI. O acto estará presentado polo Coordenador electoral e Secretario de Finanzas Antonio Pérez González.

Non perdas esta oportunidade de coñecer aos candidatos e as Novas Ideas de Converxencia XXI!

Un saúdo,

A executiva nacional»

David Peón, tamén coñecido como  «Caralladas» e autor do blogue nosquedaportugal.blogspot.com informa do seguinte:

«Preséntovos a miña nova web personal: www.dpeon.com .

Unha web desde a que partillarei opinións, artigos divulgativos de economía e finanzas, documentación dos meus traballos para uso público, etc. E, como web personal que é, tamén haberá espazo para compartir inquedanzas,afeccións, ou calquer outra cousa que pague a pena. Só podo desexar que a vos tamén volo pareza!

Vémonos na rede!!»


O terceiro aviso é sobre o video no que os traballadores da TVG avisan sobre como vai quedar a canle coa nova lei:

http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=GnGr7dYK6bA

E remato co celebre video sobre a lingua e o pan de cea (ata se dignaron sacalo na TVG para mostrar como «El señor de las habichuelas» promociona o galego):

http://xavedes.wordpress.com/tag/pan-de-cea/


Tamén en Galizauberalles2

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tags:

This entry was posted on Mércores, Novembro 16th, 2011 at 8.33 a.m. and is filed under Avisos e anuncios. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. http://lannister.blogaliza.org/2011/11/16/avisos-varios/trackback/You can leave a response, or trackback from your own site.

Leave a replyLeave a reply

Nome (*)
Correo electrónico (non se vai publicar) (*)
URI
Comentario
Olark Livehelp