25
Xan

Economía e Chorima

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

Hoxe toca anuncios, primeiro David Peon informa sobre as consecuencias económicas dos recortes, despois Converxencia XXI informa do nacemento da súa revista: Chorima.

“As distintas políticas económicas aplicadas en USA e na UE comezan a dar os seus froitos: Estados Unidos reduce a taxa de desemprego do 10% ao 8,5% mentras a zona Euro sube ata o 10,3% a finais de 2011, cun crecemento económico 3 puntos acumulados por detrás dos USA.

 

E mentras as políticas europeas centradas na consolidación fiscal non conseguen os froitos desexados, a política expansiva americana si está a conseguir o desapancamento do sector privado da economía. Ata cando durará o noso particular zeitgeist?

 

Ligazón ao artigo: Zeitgeist (II).”

“Estimado/a simpatizante:

 

Dende Converxencia XXI achegámosche a nosa última iniciativa para mantervos informados das actividades e opinións que estamos a desenvolver. O primeiro número da Revista Chorima, onde informaremosvos das nosas actividades recentes, iniciativas de Converxencia XXI, artigos e entrevistas a persoeiros destacados.

 

Aproveitamos esta ocasión para convidarte a que te unas á nosa cada día maior familia converxente. Podes atopar información na nosa web, e para ser converxente, só tes que enviarnos a este mesmo enderezo eletrónico o documento seguinte cos teus datos: http://www.converxencia.eu/wp-content/uploads/2011/04/ficha-de-afiliacion-2011.pdf

 

Agardámos que te animes a unirte ao noso proxecto para facer unha Galicia máis próspera e mellor!!”

 

 

 

Tamén en Galizauberalles2

 

 

Tags:

This entry was posted on Mércores, Xaneiro 25th, 2012 at 1:27 p.m. and is filed under Avisos e anuncios. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

3 comments so far

xopau
 1 

A teoría europea xa nen conta con apoios nos sectores empresariais cun mínimo de produtividade. So a banca e as macroempresas que xestionan as grandes obras dos Estados apoian esta teoría. Non se trata de frear o déficit senón o déficit de determinados sectores para que outors poidan seguir tirando das arcas públicas

Xaneiro 25th, 2012 at 6:50 p.m.
xopau
 2 

Recentemente un propietario de dúas ladrilleiras, varias tendas e varios alugueiros espúxome a súa teoría económica. Despois de ouvir como atacaba as políticas de austeridade díxenlle: rapaz, ti es de extrema esquerda! Non negou, nen asentiu só dixo: hai moitos empresarios que temos unhas ideas máis próximas á dereita que a esquerda. Logo endadiu: a banca é un burato negro que tragará todo canto se lle dea e non dará nada…unha xoia de rapaz este colega meu.

Xaneiro 25th, 2012 at 6:54 p.m.
xopau
 3 

Neste grao de desenvolvemento do capitalismo os autónomos, pequenos, medianos e non tan medianos empresarios son a seguinte ficha de dominó que vai caer…por desgraza electoralmente aínda non se enteiraron.
Arriba dixo ao revés…escribín mal…

Xaneiro 25th, 2012 at 6:56 p.m.