29
Feb

De todo un pouco

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

Imos con varios anuncios:

– Público pechou a súa edición en papel. De momento sobrevive a versión dixital. Se a iso lle sumamos a absorción de “La Sexta” por Antena3, que se fará efectiva en Xuño, o frente mediatico progresista ou progre queda reducido a “El País” e a SER.

– Hoxe nace Dioivo novo dixital en galego. Que teña sorte!

– Converxencia XXI informa: A Conferencia Política que terá lugar o vindeiro sábado 3 de marzo no Centro Sociocultural de Conxo, Santiago de Compostela, terá coma obxectivo fixar uns posicionamentos políticos específicos en diversos eidos.

Os relatorios presentados por diferentes afiliados de Converxencia XXI, que poden ser emendados e serán sometidos a votación na Conferencia, versan sobre os seguintes temas:
– Os principios liberais da nación aplicados a Galicia
– Política enerxética
– Protección social
– Cultura
– Relacións internacionais
– Universidade
– Política agraria
– Reforma administrativa para Galicia
– Política ambiental
– Política no ensino
– Sanidade
– Urbanismo
– Deportes e política deportiva

– Hoxe fai tres anos da desfeita do 1 de marzo do 2009. Si, non estou errado, como este ano é bisesto o 1 de marzo desprazase un día co que non corresponde co cabodano. Non creo que se poida dicir máis do que xa se leva dito, aquí e noutros sitios. Como reflexión so podo engadir que o segundo mandato de Feijoo vai ser moito peor, sobretodo se a desfeita da oposición combinada con D´Hont fanlle chegar os 50 deputados que precisaría para “reformar” o estatuto el so. Perspectiva que pode pasar. A fin de conta por aí andaBeiras dicindo que as eleccións non son unha prioridade para el e os que se unan a el. Xa o vexo poseído polo extase “perroflautista” chamando a abstención. En fin cousas veredes. Como un cento de partidiños novos. Os ruxe-ruxes din que ao mellor ata se anima Cuiña Jr.

– Como veríades isto vai moi despazo nas súas actualizacións. Ben o quid é que eu, Lannister, non estou tendo tempo, xa que este curso esta sendo “peculiar”, como tampouco vou telo no futuro xa aviso que eu limitarei a manter activa a sección de avisos e dúas anotacións: a de San Patricio e a despedida de curso. Quen queira colaborar xa sabe: galizaprimeiro@gmail.com Iso si quen mande  cousas sepa que as publicarei cando poida: retrasos de entre unha semana e dez días poden ser habituais.

Un saúdo os que seguides a pasar por aquí.

Tamén en Galizauberalles2

 

Tags: , ,

This entry was posted on Mércores, Febreiro 29th, 2012 at 11:53 a.m. and is filed under Avisos e anuncios. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

One comment

heder
 1 

Pois se é de todo un pouco, exemplo de aplicación da reforma da prestación por desemprego que reclama a patronal
http://praza.com/opinion/105/a-patronal-tamen-quere-os-cartos-dos-parados/

Marzo 6th, 2012 at 7:04 p.m.