Converxencia XXI comezou a publicar os relatorios froito da súa conferancia política, os dispoñibles ata o momento son:
– Política enerxética
– Protección social
– Cultura
– Política Agraria
– Política ambiental
– Sanidade
– Deportes e política deportiva

 

Por outra banda UGT e CCOO sumáronse a convocatoria de greve xeral para o 29 de Marzo.

Máis Galiza abandou o BNG, tal é como estaba previsto. Aymerich de momento, e para a miña sorpresa, queda. Tendo en conta como vai a cousa das espantadas xurdeme unha pregunta: tendoo todos tan claro como o teñen por que ir adiando os tempos convertendo á marcha nunha fuga por capitulos? Gañase algo así? Eu teño unha resposta porén pareceme tan indigna que me nego a darlle forma.

Para rematar con algo agradable deixovos dous videos de Gabriel o pensador: 1, 2

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Mércores, Marzo 14th, 2012 at 11:42 a.m. and is filed under Avisos e anuncios. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

3 comments so far

heder
 1 

Non consigo cargar o relatorio de política enerxética, pero atopo fácilmente os de proteccion social e o posicionamento ante a reforma laboral.
Francamente, non sei por qué estes tipos non están no PP (será que non lle ofrecen postos), dado que comparten a mesma visión de que o estado esencialmente sobra e de que todas as relacións sociais importantes se teñen que individualizar. Esta forma de pensar leva ineludiblemente a eliminar as nacións como estructuras colectivas, a uniformizar culturas e a facer, en xeral, ás persoas intercambiables (para favorecer o libre mercado da forza de traballo). Supoño que se din nacionalistas para xustificar dalgun xeito a sua existencia fora do PP, pero francamente disimulan bastante mal.

Marzo 15th, 2012 at 4:42 p.m.
lannister
 2 

Se tes moito interese polos relatorios pasa pola páxina de Converxencia XXI. Respecto o que son de dereitas, claro que o son, nunca o neguei. Por iso os publicito como alternativa o BNG para restarlle votos o PP. Un saúdo.

Marzo 21st, 2012 at 11:07 a.m.
milles
 3 

Creo que o que tenta dicir heder e que ser neoliberal e nacionalista é como ser de esquerdas e imperialista (IU) unha contradiccion de termos por isto da individualizacion e todo o tema de globalizar. Outra cousa e que fosen dereita tradicionalista como o PNV dos bos tempos, cando gañaba ou a CiU dos primeiros tempos de pujol.

Marzo 22nd, 2012 at 9:08 p.m.