22
Mai

Os nosos?

   Posted by: lannister   in Desfeita

O 17 fun a manifestación no bus que fletaron os da CIG desde a miña vila.  Eramos poucos, xa que os escindidos decidiron non ir en nada que cheire a UPG. Xa na manifestación o de sempre: un feixe de organizacións disitntas competindo polo espazo e con cara de non querer contaminarse cos demáis. Cartaces e manifestos enfrontados, contraditorios que dan boa mostra da nosa debilidade. Non existen os nosos nun senso amplo. Cada quen está totalmente pagado de si mesmo, do lingüista, economista e politico que leva dentro. A unidade é imposible. Todos sospeitan de todos. a estas alturas eu esperaba polo menos un minimo común máis forte e practico que ir manifestarse contra Feijoo de vez en cando. Non digo que non deban existir opcións e ideas diferentes, porén algo de sentido practico no viría mal. E temios algo diso? Non. Uns marchan no peor momento e da peor forman posible, outros boicotean os intentos de xornais que van xurdindo porque non son dos seus o do nh… Esta claro que nos gusta facer parvo. Camiñamos firmemente cara a mellor demostración diso: unhas autonómicas nas que tras o triunfo d Feijoo vexo a uns e a outros celebrando o non baixar tanto como se pensaba e aos outros non telo feito tan mal para ser a primeira vez.

Eu pola miña banda decidin que a estas alturas os meus son todos: desde os de Ceivar ata a malvada U. Non creo que me poida permitir o luxo de prescindir de ninguen. Será que son o máis parvo de todos.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Martes, Maio 22nd, 2012 at 12:34 p.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

2 comments so far

Heder
 1 

A ver, tampouco foi para tanto. En efecto non había unha atmósfera de “fraternidade e traballo conxunto, por unha galiza ceibe e…(póñase o final que máis guste)”. Pero o groso dos xestos que se poden interpretar coma hostís veñen do coñecemento de moitos anos e do pacífico e agradable caracter de moit@s (que ao fin é o que fai que sexan políticamente activos, os de caracter tranquilo tenden ao conformismo). Eu salientaría máis a afluencia non tan abondosa coma hai uns anos da xente non militante, quizais motivada pola dispersión do ano pasado. O groso das correntes do nacionalismo estaban alí, logo tan mal non se entenden, digo eu.

Maio 23rd, 2012 at 3:56 p.m.
xopau
 2 

O nó gordian do asunto é fomentar todo tipo de disparidade para poder entroncar con diversas sensibilidades pero presentar un proxecto unitario ás eleccións…difícil? Non. Imposible. Neste país etase obsesionado desde hai trinta anos (desde que se creou o BNG) co tema electoral e iso é un problema…eu estou vendo un país con moitos nacionalistas pero que pasan do electoralismo…hai que poñer as eleccións na súa xusta medida e importancia

Maio 24th, 2012 at 8:38 a.m.