15
Xuñ

Non vai quedar nada

   Posted by: lannister   in Desfeita

A crise combinada coas apetencias neoliberais de aco e de acola esta a esnaquizar todo o que non colla no estreito reducto mental de o mercado é bo. Pensións, sanidade e educación publicas pasaron de dereitos a luxos contraproducentes para unha sociedade “solvente”. Agora que estamos rescatados, e camiño do segundo rescate, o dito anteriormente vai cobrar maior sentido. Ademais aqui vaise engadir outro elemento menor en comparación co anterior porén importante cara o futuro: as autonomías. As autonomías sobranlle os de aquí, xa sabemos a cales, a xente que mercou a mensaxe de que son culpables da crise, e os que nos van intervir que non as entenden: porque un estado ou é federal ou centralista, non unha desfeita rara coma aco.

Con este panorama de fondo as autonómicas convertense nalgo irrelevante. Se como di a lóxica gaña Feijoo, os recortes e a desaparación da autonomía faranse a bo ritmo e cun sorriso polo ben de España. Se por milagre se produce outro goberno a ecuación será a mesma agás no do sorriso, aínda que co PSdG nunca se sabe, ante a imposición do goberno central e os homes de negro.

De feito para asegurar que todo vaia ben estase a preparar unha reforma da lei electoral para que os emigrantes teñan máis doado votar, pobriños, e correxir a reforma anterior que fixo que case non votaran. Tamén se lle vai devolver o voto a entre 30.000 e 200.000 “exiliados vascos froito da violencia etarra” sen necesidade de que volten ó País Vasco. Viva a democracia.

Pode parecer que non hai esperanza porén haina. Non vou falar dela porque é delito. Con isto remata esta tempada. Se Deus quere e San Patricio axuda voltaremos coa derradeira tempada en outubro ou setembro.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

This entry was posted on Venres, Xuño 15th, 2012 at 10:12 a.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.