9
Out

Lembranza de Zapatero: o fracaso

   Posted by: lannister   in Desfeita

No seu momento Xopau xa fixo unha analise finalsobre Zapatero. Eu por falta de tempo deixeino pasar ata hoxe. 

Josep Ramoneda (GARA 5-II-2012):  ” Aznar gobernou cun proxecto claro de reconquista ideolóxica, de hexemonía cultural, e cando logras iso a hexemonía política vén de seu. A proba é que o PSOE xa non existe nalgúns lugares: Murcia, Madrid, Valencia. Para min un dos grandes fracasos de Zapatero é que en sete anos non deu recortado nin un milímetro a hexemonía ideolóxica do PP”.

A cita anterior engloba claramente o significado e a problematica que subxace o mandato do anterior presidente do goberno. Pode que todo o mundo siga teimando na crise económica, non é para menos, porén o verdadeiramente significativo de Zapatero é o seu primeiro mandato e as eleccións de 2008. 

Unha frase habitual, unha de tantas froito da transición, é a de que España é de esquerdas. Jimenez Los Santos considera que é unha parvada, unha de tantas que lastran a esquerda. E ten razón. España como calquera país inserido na posmodernidade xira entorno a aqueles que sexan capaces de levar a primacía da súa mensaxe a esfera publica e actuar en menor contradición posible, polo menos en público con esa mensaxe. Zapatero chega o poder tras oito anos de Aznarato e antes deste unha longuisima etapa socialista na que o PSOE ao tempo que moderniza as estruturas económicas e ata certo punto sociais esquece moitos dos seus sinais de identidade. Ou noutras palabras: convencido de que o país é de esquerdas, da súa superioridade moral e do poder de PRISA deixou o campo ideolóxico baleiro. O rearme do PP neses tempos foi de manual. Cando lle sumaron o goberno central actuaron para barrer o contrario partindo da idea de que si nos votaron foi para algo. Zapatero tentou facer algo semellante. De feito pode considerarse que aceptou como certa a frase xa citada e ademáis outra que di que o PP pode romper calquera día e parir unha dereita non cerril. De aí que xogase todalas bazas pendentes desde a transición:

Pasar a un estado federal (Estatuto de Catalunya, reforma non realizada do Senado)

Intento de separar dunha vez Igrexa e Estado (a prometida e non realizada lei de Liberdade Relixiosa, lexislar dun xeito claro o aborto, matrimonios homosexuais).

 Ver se aparece esa dereita soñada (illamento do PP)

Aumentar a pluralidade de medios progresistas (Concesión da licenza de televisión a Mediapro coa aparición de La Sexta e Publico)

Nin que dicir ten que fracasou en todo.

Fracasou pola propia oposición dunha parte dos seus que desde o día un do seu mandato botaban de menos a Felipe e como se facían as cousas naquel tempo. Porque non nos enganemos a dereita civilizada é o PSOE. Nunca se falará bastante da traxedia que supuxo que non callase unha forza democratacristiá na transición e que estes acabasen no PSOE ou no PP.

Fracasou porque os que poderían apoialo comportaronse como nenos de patio de colexio (ERC), adolescentes enfadados porque os castigan sen saír (CiU), ou caseiros indignados (PNV). Todos eles fixeron boa a imaxe dos nacionalistas pedichóns que retratan os medios da dereita madrileña.

Fracasou porque os que deberían acompañalo mediaticamente estaban enfadados e arruinados (PRISA) ou carecían de pegada suficiente ademáis de ter problemas propios de solvencia (Mediapro). F

racasou porque o PP non vai romper. Porque simplemente iso co que soñan os demáis a eles e os seus votantes non lles interesa. Entre outras cousas porque xa existe, é o PSOE. Fracasou porque ao fin non tiña os recursos nin a capacidade necesarias para triunfar nunha aposta tan alta, e España non é de esquerdas. 

O que si é importante é que o intentou. Tivo o valor de ir a por ese país no que cría e que teoricamente era posible. Non saíu. Non tivo a maioría absoluta no 2008 e o PP, tirado o monte, subiu en escanos. Un fracaso clarificador para quen queira velo. Sexa como sexa eu agradezolle o intento e botoo de menos.

Tamén en Galizauberalles2

 

Tags:

This entry was posted on Martes, Outubro 9th, 2012 at 1:56 p.m. and is filed under Desfeita. RSS 2.0You can follow any responses to this entry through the feed. Both comments and pings are currently closed.

Comments are closed at this time.