Archive for Outubro 16th, 2012

16
Out

As Derradeiras eleccións autonómicas. Fin

   Posted by: lannister    in Desfeita

Cando no 2009 Feijoó gañou por vez primeira moitos sacaron o conto de que nas vindeiras, orixinalmente  no 2013, seguro que perdía. A verdade é que nunca compartin esa analise basada en… nada. Se gañou cando non tiña o goberno está claro que co goberno vai ter unha victoria Fraguiana. E xa que falamos de Don Manuel (D.E.P) non está de mais lembrar o que fixo falta para que aacabará perdendo por un e polos pelos que aí estivo o reconto (ou Chavez, ou Zapatero segundo a dereita):

– crise das vacas tolas

– Prestige

– Guerra de Irak

– Desmaios de Fraga

– Revolta de Baltar

– Zapatero, ergo goberno amigo do PSOE, na Moncloa

– La puta Coz berrando por un cambio, cuestionando a saúde e a idade do candidato Fraga, e aireando a revolta Baltar como mellor espello do caciquismo que debía desaparecer.

E con todo o anterior gañaron as eleccións e perderon o goberno por un. E voltaron no 2009. Ergo agora si que nos imos enterar do que é gañar e do que é España. Todo iso axudado por unha oposición que leva facendo o parvo desde o 2009 e que deixou pasar todalas oportunidades de sacar proveito da crise e da xestión de Feijoó. Iso en xeral no caso do nacionalismo é aínda peor. Tras perder as oportunidades de ser mioriatario, no 2001, e a de ser decisivo, no 2009 adicouse a dar por boa a vide de Brian como explicación do seu ser. En vez de traballar para salvar algo da desfeita fixo o que todos sabemos. Polo tanto a partires do 22 morrerá o pouco que sobreviviu a desfeita do 1.  E o peor é que con razón. Se nos adicamos a facelo todo mal e a meter a cabez no cú que se pode esperar.

Ao mesmo tempo todos os acontecementos mencionados coinciden coa firme intención de acabar coas autonomías por parte do PP. Xa o faga de xeito sutil, baleiramento por non exercer as competencias o estilo Feijoo combinado coa previsible devolución de competencias, ou mediante reforma constitucional.  Isto que non escapa a ninguen foi combatido en Catalunya… Se ben todo esta previsto. As voces máis moderadas, que a fin de contas outra guerra sae cara, teñeno dito varias veces: ” autonomía para Cataluña y País Vasco como estaba previsto inicialmente y desaparición de todas las demás autonomía artificiales”. Aquí, aínda por riba de quedar desfeitos,  imos ter que saír a rúa pra defender unha autonomía capada, os catro que sairemos, e que o resto de la región ría a cachón de nós.

En fin, tal como dixen no seu tempo: “as eleccións ou o día de San Patricio, o que ocorra antes, poñerán fin a este blogue”. O domingo toca votar e ver como Feijoó triunfa a nivel de Fraga e nos españoliza de vez para sempre. Ergo, aquí rematan Galizauberalles e Galizauberalles2. Se todo vai ben o día de San Patricio publicarei unha reflexión final que incluirá a data de borrado dos blogues por se alguen quere aproveitar e gardar algo destes.

PD1: Peche de Campaña de Converxencia XXI: um gran mitin de Fin de Campaña en Cangas do Morrazo, o venres 19 de outubro ás 20:30 na Casa da Cultura de CANGAS.Intervirán Carlos Vázquez Padín (Secretario Xeral de Converxencia XXI e número 1 ao Parlamento de Galícia por Pontevedra) e Antonio Pérez González (Secretario de Finanzas e Coordenación Electoral de Converxencia XXI e número 2 por Pontevedra ao Parlamento da rúa Hórreo).

PD2: http://botamolos.wordpress.com/2012/10/09/ola/

Saúdos e sorte para todos.