Avisos e anunciosArchive for the ‘‘ Category

28
Mar

Greve xeral e outras cousas

   Posted by: lannister Tags:

Serie de anuncios e novas:

– Mañá é día de greve xeral, para darlle pulo varias asociacións de consumidores engaden a recomendación de que ademáis non se consuma nada: recomendan facer a compra hoxe ou venres, non gastar nos bares, nin repostar, reducir o consumo de luz e auga etc.

– Se tempo atrás falaba da situación de Antom Santos, hoxe xa é oficial que vai ser procesado. Que as evidencias na súa contra sexan discutibles cando menos non significa nada o estar de por medio unha das magnificas leis de España: a Antiterrorista.

– A pregunta sobre quen ía quedar a cabeza do TDT Party : Intereconomía. A canle do touro consolida o 1,5% de audiencia con “El gato al agua” como líder indiscutible da súa audiencia. 13 tv logra un 0,8%. Veo7 desapareceu en xaneiro dando lugar a Discovery Max, aínda que Carlos Cuesta presenta un deses programas de linchamento de 23:30 a 1:00 co fin de que a xente lembre que a canle segue sendo de Unidad Editorial e para evitar competir con “El gato…”. La10 desapareceu en xaneiro e tras meses de teletienda este venres 30 na súa frecuencia pasará a emitir Paramount Channel, cunha programación de 24 horas o día de teletienda. Popular tv, nas comunidades onde existe como Galiza, deixou de emitir salvo o minimo para conservar a licenza, o resto reemite programación de 13 tv e teletienda. Tele Coz vai ben, que a Xunta sempre paga a punto.

– PNG-PG, TeGa, PGD, APG e Converxencia XXI reunironse o sabado para ver se crean un partido ou coalición de dereitas. Non foron os de Converxencia Galega nin os do PG, este último sin actividade desde antes das municipais.

– Para quen queira seguir os blogues en galego de wordpress que visite: http://gl.wordpress.com/

– A rede social galega cabozo, convoca un concurso para o día das letras e crea o distinto de codigo aberto galego. (no momento de escribir isto a páxina non é accesible desde o ordenador do centro, si o era desde o da casa, curioso?)

– Privatización hospitais castela a mancha, pois iso o documento fala por si só.

– Boas vacacións a quen poida disfrutar delas esta semana santa, Tamén en Galizauberalles2

 

 

21
Mar

Retrasado día de San Patricio

   Posted by: lannister Tags: ,

O sábado,. foi 17 de marzo, día de San Patricio, patrón da Santa Irlanda e deste modesto blogue. Foi o noso aniversario e pasou polos problemas que estou a ter. Así que hoxe toca a análise anual postposta: todo o dito o ano pasado serve para éste. Seguimos coa media de visitas sitúada en catro persoas a semana, o que quere dicir que sempre hai un alleo a redacción que cae por aquí. A inclusión en Facebook fixo aumentar as visitas o primeiro e segundo día para despois voltar a normalidade. Respecto o país que dicir: todo a peor e seguirá a peor. Reflexión breve porén exacta.

Respecto os anuncios, o PNG-PG deixou o BNG a fin de semana que nós estabamos de aniversario. Supoño que con isto, o quedar só a UPG e o MGS , rematou o espectaculo feito para maior gloria de “La Puta Coz” e os que marcharón comezarán a facer algo útil, e os que quedaron por fin poderán porse a traballar. A raíz da marcha do PNG-PG, sempre posto como exemplo da dereita dentro do BNG, Converxencia XXI sacou un comunicado respecto as posibilidades da dereita nacionalista. So falta que os ruxeruxes sobre Cuiña JR. se confirmen ou desmintan definitivamente.

Tamén en Galizauberalles2

Converxencia XXI comezou a publicar os relatorios froito da súa conferancia política, os dispoñibles ata o momento son:
– Política enerxética
– Protección social
– Cultura
– Política Agraria
– Política ambiental
– Sanidade
– Deportes e política deportiva

 

Por outra banda UGT e CCOO sumáronse a convocatoria de greve xeral para o 29 de Marzo.

Máis Galiza abandou o BNG, tal é como estaba previsto. Aymerich de momento, e para a miña sorpresa, queda. Tendo en conta como vai a cousa das espantadas xurdeme unha pregunta: tendoo todos tan claro como o teñen por que ir adiando os tempos convertendo á marcha nunha fuga por capitulos? Gañase algo así? Eu teño unha resposta porén pareceme tan indigna que me nego a darlle forma.

Para rematar con algo agradable deixovos dous videos de Gabriel o pensador: 1, 2

Tamén en Galizauberalles2

7
Mar

OS FILLOS PRECISAN DE TI

   Posted by: lannister Tags:

Comezo cunha nova envíada por Heder:

http://praza.com/opinion/105/a-patronal-tamen-quere-os-cartos-dos-parados/

 

para ver como anda o patio.

 

E agora algo máis agradable: se gustas do fútbol gaélico xa tes equipo na Galiza,  os Fillos de Breogán, animate!

 

Tamén en Galizauberalles2

29
Feb

De todo un pouco

   Posted by: lannister Tags: , ,

Imos con varios anuncios:

– Público pechou a súa edición en papel. De momento sobrevive a versión dixital. Se a iso lle sumamos a absorción de “La Sexta” por Antena3, que se fará efectiva en Xuño, o frente mediatico progresista ou progre queda reducido a “El País” e a SER.

– Hoxe nace Dioivo novo dixital en galego. Que teña sorte!

– Converxencia XXI informa: A Conferencia Política que terá lugar o vindeiro sábado 3 de marzo no Centro Sociocultural de Conxo, Santiago de Compostela, terá coma obxectivo fixar uns posicionamentos políticos específicos en diversos eidos.

Os relatorios presentados por diferentes afiliados de Converxencia XXI, que poden ser emendados e serán sometidos a votación na Conferencia, versan sobre os seguintes temas:
– Os principios liberais da nación aplicados a Galicia
– Política enerxética
– Protección social
– Cultura
– Relacións internacionais
– Universidade
– Política agraria
– Reforma administrativa para Galicia
– Política ambiental
– Política no ensino
– Sanidade
– Urbanismo
– Deportes e política deportiva

– Hoxe fai tres anos da desfeita do 1 de marzo do 2009. Si, non estou errado, como este ano é bisesto o 1 de marzo desprazase un día co que non corresponde co cabodano. Non creo que se poida dicir máis do que xa se leva dito, aquí e noutros sitios. Como reflexión so podo engadir que o segundo mandato de Feijoo vai ser moito peor, sobretodo se a desfeita da oposición combinada con D´Hont fanlle chegar os 50 deputados que precisaría para “reformar” o estatuto el so. Perspectiva que pode pasar. A fin de conta por aí andaBeiras dicindo que as eleccións non son unha prioridade para el e os que se unan a el. Xa o vexo poseído polo extase “perroflautista” chamando a abstención. En fin cousas veredes. Como un cento de partidiños novos. Os ruxe-ruxes din que ao mellor ata se anima Cuiña Jr.

– Como veríades isto vai moi despazo nas súas actualizacións. Ben o quid é que eu, Lannister, non estou tendo tempo, xa que este curso esta sendo “peculiar”, como tampouco vou telo no futuro xa aviso que eu limitarei a manter activa a sección de avisos e dúas anotacións: a de San Patricio e a despedida de curso. Quen queira colaborar xa sabe: galizaprimeiro@gmail.com Iso si quen mande  cousas sepa que as publicarei cando poida: retrasos de entre unha semana e dez días poden ser habituais.

Un saúdo os que seguides a pasar por aquí.

Tamén en Galizauberalles2