LinguaArchive for the ‘‘ Category

18
Abr

O 19 Folga no ensino non universitario

   Posted by: lannister Tags:

A sección das mocidades de A Mesa pola Normalización Ligüística, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes convocaron para o día 19 de abril un paro no ensino medio para denunciar que a porcentaxe semanal de horas que se imparten en galego non chega ao 20%.

A esta folga, que será de toda a xornada, está convocado o alumnado do 2º ciclo da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos, EPA e Ensinanzas Artísticas e Especiais.

As organizacións convocantes queren denunciar con esta folga que nestes tres anos de goberno de Núñez Feijóo non se puxo en marcha nin unha soa medida favorábel á lingua propia de Galiza, ben ao contrario, practicouse unha política lingüística destinada a reducir a presenza do noso idioma nas aulas. A mocidade reclama, tamén, que o galego exista nas materias científico-técnicas en que o Decreto 79/2010 impón o uso obrigatorio do castelán.

Tamén en Galizauberalles2

24
Xuñ

Sen imposicións, sen ofender a ninguén

   Posted by: lannister Tags: ,

O martes pasado asistín a un acto do Modelo Burela. Fun invitado por Bernardo Penabade co motivo do peche das actividades do proxecto para este curso. Este ano o foco de atención estaba centrado na Sanidade un dos abondosos eidos que se resiste a presenza normal do galego. Un dos eventos realizados durante o acto foi a proxección dun documental, dispoñible proximamente na rede, sobre as persoas que tentan levar o galego o Hospital da Costa, sito en Burela. Son pingas de auga nun oceano de castelanismo militante. Porén non vou flaar diso senon das verbas mais repetidas non so no documental senon no propio acto: sen imposicións, sen ofender a ninguén. Verbas repetidas cada vez que se falaba, e perdon pola redundancia, de falar galego ou usalo na escrita. Chocoume bastante, non porque non saiba que moitos cren no da imposición no do galego nin porque non saiba que moitos aínda se ofenden se escoitan falar en galego. Chocoume porque se un plan tan “branco” como o Modelo Burela debe facer expresión manifesta de non impoñer é que xa non hai remedio. Do mesmo xeito chocoume o de deixar de falar galego se o outro se ofende. Porque así non hai remedio. En fin parece que todo segue o seu lento camiño cara a extinción. Porque mal imos se aceptamos o da imposición e peor se lle facemos caso os que se ofenden por oir unha lingua distinta a de Lope, insigne poeta que xa o deixou todo claro: “Antes puto que gallego”.

Para rematar recomendo ler isto que da outra imaxe do mesmo.

Tamén en Galizauberalles2

17
Mai

Dous afoutos galegofalantes…

   Posted by: lannister Tags:

Na imaxe inferior dous afoutos galegofalantes enfrontan as hordas galiciabilingüistas.

Feliz día das letras!

23
Mar

Gañador do concurso de Galegolab

   Posted by: lannister Tags:

Galegolab(1,2) convocara un concurso de curtas sobre a situación do galego. Aquí tedes o gañador:

Tamén en Galizauberalles2

10
Xan

Tiñan razón

   Posted by: lannister Tags: ,

A recente proposta do IGEA sobre o bilingüismo causou certa polémica. A verdade non é para menos. Non polo emprego do termo bilingüismo senón polos argumentos que empregan. De feito estes poden sintetizarse en:

– todos os que dicían que o castelán estaba dalgún xeito marxinado tiñan razón. Xa vexo a Gloria dando chimpos de pura ledicia.
– hai que ir cara a un modelo de convivencia que recoñeza o sitio do castelán.
Podería seguir porén ao final pregúntome se para dicir iso facían falta tantas palabras. Con darlle a razón a Gloria e dicir que o modelo de Feijoó e Anxo son, xa non o único posíbel, senón o mellor, xa estaba.
Tanto tempo pedindo un plan B para salvar algo e aquí esta: o pesebrismo, salvemos a poltrona. Se Anxo marcha aí esta Henrique para facer o “sacrificio” pola lingua.

E que queda despois de todo isto?
– Unha nova lea divisoria que sumar a guerra normativa.
– Un novo argumento para marxinar e estigmatizar os catro que quedamos defendendo a lingua sen matices de ningún tipo.
– Unha boa base para que Feijoó ou que sexa “iguale” o castelán e o galego. Ou para que derogue a Lei de Normalización para sustituila por unha Lei de Dinamización da Lingua Galega e convivencia harmónica/amable co castelán.
– Acaba co concepto de normalización e todos os escasos logros destes anos.

E para rematar xa que falamos de ter razón, os reintegracionistas tiñan razón. Os defensores desta normativa no fondo teñen o corazón en Castela. Vaian desde aquí as miñas desculpas.

Tamén en Galizauberalles2