Sen clasificarArchive for the ‘‘ Category

26
Mai

Internet mal

   Posted by: lannister

Combinase o mal funcionamento do servidor do plan Abalar, que deixa sen coneexión a internet e sen telefono ó centro, cunha avería de telfonica. Como resultado, e dado que a conexión vai e ben en cuestión de segundos (isto é o terceiro intento de publicar). Permaneceremos inactivos ata o venres da semana que ben.

Esta vez o paron non é culpa miña.

Hoxe día de San Patricio, patrón da Santa Irlanda e deste blogue, facemos dous anos. Toca polo tanto unha reflexion interna na liña da do ano pasado. A verdade é que a cousa non vai mellor, nin no blogue nin no país.

Respecto a situación do país pouco podemos dicir que non dixeramos xa. Situación que se pode apreciar na rede onde esa forte onda de actividade froito da desfeita do 1 de Marzo foi acougando pouco a pouco. Pode apreciarse claramente nas ligazóns inseridas neste blogue. Pode verse como moitas levan a sitios que xa non existen, que levan meses sen actualizar ou se converteron en sitios privados.

A situación da rede incide no tráfico deste pequeno lugar do blogomillo. Moitas das fontes de tráfico xa non existen ou están paradas. Ademáis, os feeds doutros lugares que fan referencia a este sitio, por algun motivo, non se actualizan polo que a xente que viña desde eles non pasa por aquí porque a información que eles teñen é que nos non nos actualizamos.

O resumo final é que a media de visitas descenceu a 4 a semana. A suma de todos estes elementos levoume a tomar unha decisión relativa a cando pecharemos o chiringuito. Unha decisión na liña dos nosos compañeiros de seioque que desenvolveron un proxecto con data de remate. E a data tomada é: despois das vindeiras eleccións autonómicas. Se gaña o PP xa todo dará igual e se non gaña, tamén so que esperemos que por outras razóns. Mentres, aínda que por aqui so pasemos os tres do equipo de redacción, seguiremos abertos coas pausas habituais. Sempre que Deus e San Patricio queiran, claro.

Sen máis, Feliz día de San Patricio!

Tamén en Galizauberalles2

15
Out

De como vai isto

   Posted by: lannister

A anterior foi a última das semanas tematicas que tiña preparadas. Cando volva a ter tempo e material acumulado volvera a habelas. Mentres o blogue actualizarase os Martes coa Fonte externa, os Mercores cos avisos e anuncios e ao mellor se teño tempo os venres con algo de elaboración propia. Por outra parte dado recentes problemas co Spam vinme obrigado a volver a subir a forza do sistema anti-Spam. Aviso por se volve a dar problemas cos comentarios como ocorreu o ano pasado por estas datas.

Lembro o enderezo de contacto do blogue: galizaprimeiro@gmail.com

Tamén en Galizauberalles2.

20
Set

Carlistas!

   Posted by: lannister

Foi este un verán duro: volta a aldea para ver como os madrileños campan ao seu aire como en terra conquistada, como os escasos rapaces nados nos últimos anos son educados integramente en castelán por uns pais galegofalantes; ver como os ruxerruxes se confirmaron e pechou Vieiros e desapareceu a edición impresa da Nosa Terra preludio dalgo peor, e de propina desaparecen chuza e a peneira.
Todo iso aderezado co triunfo de “La Roja” e todo o mundo dando chimpos envolto na “rojigualda”.
Non debo esquecer ese gran clásico das liortas internas do BNG que os que estamos fóra non entendemos moi ben. Liortas que serven de xustificación para os medios que continúan o seu acoso e derribo, mentres os blogues e artigos de opinión se multiplican nas súas louvanzas o PSdG convertido o parecer a un galeguismo que eu non vexo por ningures.
Claro que se o verán foi duro o comezo de curso foi un despropósito, a capacidade da Consellería para líala é inmensa.
En definitiva estou convencido de que non queda esperanza ningunha e imos acabar como os carlistas. Un feixe de individuos illados e espallados por toda a xeografía nacional, coa internet coma única voz e ningunha pegada na realidade social.
E con estes vimbios comezo o terceiro curso do blogue: primeiro de todo dar as grazas a quen pasou e comentou por aquí no verán. Se non obtiveron resposta foi porque a “directiva” estivo ausente ata este venres.
En segundo lugar dicir que este ano vai haber dúas categorías novas:
– Fonte externa, onde cortarei e pegarei todo aquelo que me chamou a atención e que non tiven ou non terei tempo de elaborar persoalmente. Dado o horario e as obrigas deste ano, temo que esta será a categoría máis empregada.
– Avisos e anuncios, onde tódolos mércores agruparei todos os avisos e anuncios que reciba.
Ademais vou crear as semanas temáticas:de vez en cando a semana, agás o mércores, estará adicada a un tema concreto. Esta comeza maña cos medios en galego.
Por último dicir que as poucas veces que teña tempo de elaborar algo orixinal seguira indo os venres. Lembro que o enderezo de contacto do blogue é: galizaprimeiro@gmail.com

Tamén en Galizauberalles2

17
Set

Aínda Non

   Posted by: lannister

Pode que o poña o meu DNI. Pode que “La Roja” gañara o mundial. Pode que ata eles caeran:

Eu aínda NON: volvemos