2
Out

Benvidos o século XIX

   Posted by: lannister   in Desfeita

Unha das últimas ideas saídas co gallo da crise foi a de que as vacacións deixasen de ser retribuídas. A ocorrencia é unha máis das moitas que saltan a actualidade cada día loitando por levarnos o máis atrás posible. O problema non reside na parte desas ocorrencias que acaban converténdose en verdades dogmáticas, e previa apelación a necesidade de rigor e sacrificio levadas a practica. O problema reside na incapacidade de crebar esa argumentación, propia de teólogos preconciliares, e levar a cabo outro tipo de medidas. A sociedade asiste indefensa ante esta volta atrás xeral. Algo moito máis grave en España e en Galiza cuxos séculos XIX non son comparables o de Alemaña por poñer un exemplo. Aquí o goberno decente e de senso común do PP destapou as esencias patrias tentando lograr o que fallou no XIX: a España unitaria. Comezou con bo pe, unha parte moi importante da sociedade mercou e segue a consumir a explicación de que a culpa da crise é o dispendio autonómico e as autonomías mesmas. Un revival decimonónico no que o PP non esta só: pola esquerda ou progresía que un xa non sabe como cualificalos xurdiulle o arrebato antisistema dos cabreados (vexase 15M e demais) que fartos dos seus? Comezan a tirar contra todo para maior ledicia dos do outro lado que ven confirmadas as súas verbas de que son a única xente de orde que existe. O que lles permite turrar un pouco máis e plantexar a súa frase favorita “O nosotros o el caos” Co que moita xente acaba renunciando e dicindo “Vosotros”. Algo lóxico, se chega o momento eu tamén direi “Vosotros”. O último elemento que faltaba era Catalunya. Unha vez máis bota a andar polo lado de pedilo todo ou perdelo todo coa esperanza de que a outra parte ceda e o final gañe un pouco e… e a ver se desta sae porque das outras veces o resultado sempre foi perdelo todo. De momento mentres uns claman por suspender a autonomía e mandar a garda civil o silente Rajoy limitase a dicir que aplicara a Constitución. E todo co segundo rescate chamando a porta: o día 22 saberémolo. En fin que o dito: benvidos o século XIX. Demos grazas que o ano que ven igual voltamos o XVIII.

P.D 1: Actos de Converxencia XXI no comezo da campaña.  Mitin o 5 de outubro no Centro Sociocultural do Sar, en Santiago de Compostela, as 20:30. As 22:30 cea para celebrar o devandito arranque no Restaurante CASA MANOLO da Praza de Cervantes. O prezo estipulado para a cea é de 25 € para o público en xeral e com desconto para os Estudiantes Converxentes.

P.D 2: páxina sobre o noso insigne presidente, presente e futuro diga o que diga a páxina en cuestión.
http://www.feijoo2012.com/

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

15
Xuñ

Non vai quedar nada

   Posted by: lannister   in Desfeita

A crise combinada coas apetencias neoliberais de aco e de acola esta a esnaquizar todo o que non colla no estreito reducto mental de o mercado é bo. Pensións, sanidade e educación publicas pasaron de dereitos a luxos contraproducentes para unha sociedade “solvente”. Agora que estamos rescatados, e camiño do segundo rescate, o dito anteriormente vai cobrar maior sentido. Ademais aqui vaise engadir outro elemento menor en comparación co anterior porén importante cara o futuro: as autonomías. As autonomías sobranlle os de aquí, xa sabemos a cales, a xente que mercou a mensaxe de que son culpables da crise, e os que nos van intervir que non as entenden: porque un estado ou é federal ou centralista, non unha desfeita rara coma aco.

Con este panorama de fondo as autonómicas convertense nalgo irrelevante. Se como di a lóxica gaña Feijoo, os recortes e a desaparación da autonomía faranse a bo ritmo e cun sorriso polo ben de España. Se por milagre se produce outro goberno a ecuación será a mesma agás no do sorriso, aínda que co PSdG nunca se sabe, ante a imposición do goberno central e os homes de negro.

De feito para asegurar que todo vaia ben estase a preparar unha reforma da lei electoral para que os emigrantes teñan máis doado votar, pobriños, e correxir a reforma anterior que fixo que case non votaran. Tamén se lle vai devolver o voto a entre 30.000 e 200.000 “exiliados vascos froito da violencia etarra” sen necesidade de que volten ó País Vasco. Viva a democracia.

Pode parecer que non hai esperanza porén haina. Non vou falar dela porque é delito. Con isto remata esta tempada. Se Deus quere e San Patricio axuda voltaremos coa derradeira tempada en outubro ou setembro.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

Fracasado o intento de formar unha gran coalición ou partido novo que aglutine a dereita nacionalista Converxencia XXI vai ir as autonómicas en solitario: aquí toda a nova.

E aquí toda a verdade dos recortes educativos.

 

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

23
Mai

Vai de música

   Posted by: lannister   in Avisos e anuncios

Para todos aqueles que buscan música en galego e xa non aturan o lúar:

http://musicaengalego.blogspot.com.es/

http://www.komunikando.net/

Nesta última ademáis contamos coa xenial webserie Non saímos do Lixo:

 

 

 

 

E remato co triunfo do programa educativo de Feijoó: por fin falamos  linguas estranxeiras con normalidade.

 

FOTO TOMADA NO CORTE INGLÉS DE LA CORUÑA

 

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

22
Mai

Os nosos?

   Posted by: lannister   in Desfeita

O 17 fun a manifestación no bus que fletaron os da CIG desde a miña vila.  Eramos poucos, xa que os escindidos decidiron non ir en nada que cheire a UPG. Xa na manifestación o de sempre: un feixe de organizacións disitntas competindo polo espazo e con cara de non querer contaminarse cos demáis. Cartaces e manifestos enfrontados, contraditorios que dan boa mostra da nosa debilidade. Non existen os nosos nun senso amplo. Cada quen está totalmente pagado de si mesmo, do lingüista, economista e politico que leva dentro. A unidade é imposible. Todos sospeitan de todos. a estas alturas eu esperaba polo menos un minimo común máis forte e practico que ir manifestarse contra Feijoo de vez en cando. Non digo que non deban existir opcións e ideas diferentes, porén algo de sentido practico no viría mal. E temios algo diso? Non. Uns marchan no peor momento e da peor forman posible, outros boicotean os intentos de xornais que van xurdindo porque non son dos seus o do nh… Esta claro que nos gusta facer parvo. Camiñamos firmemente cara a mellor demostración diso: unhas autonómicas nas que tras o triunfo d Feijoo vexo a uns e a outros celebrando o non baixar tanto como se pensaba e aos outros non telo feito tan mal para ser a primeira vez.

Eu pola miña banda decidin que a estas alturas os meus son todos: desde os de Ceivar ata a malvada U. Non creo que me poida permitir o luxo de prescindir de ninguen. Será que son o máis parvo de todos.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: