17
Mar

Sobre

   Posted by: lannister   in

Este blogue por se algen cae aquí por erro e non consegue saber de que vai, trata disto:

Galiza: lingua e politica. A corrente ideolóxica na que se integra é o nacionalismo galego no seu senso mais amplo. Eu, o que se esconde baixo o alcume de lannister e autor do blogue, representaría o centro; aquel que asina como Xopau, a dereita, e aquela que asina como Heder, a esquerda.

Este blogue esta aberto a calquera colaboración que cumpra estes requisitos: ser respetuosa e estar escrita en galego (non importa que normativa). As colaboracións poden enviarse a: galizaprimeiro@gmail.com (a arroba non sei porque sae dese xeito “at”)

O nome do blogue e o enderezo de correo electrónico debense o meu particular senso do humor (as proclamas de Don Federico sobre o goberno nacionalsocialista de Galicia que oprimía os non galegofalantes sempre me fixeron “graza”)

Eu responsabilizome de toda anotación asinada co alcume de lannister, do mesmo xeito que Heder e Xopau cargan coa responsabilidade das súas e así o farán calquera colaborador/es futuros. Os comentarios que cada quen responda polos seus.