Posts Tagged ‘aniversario’

29
Feb

De todo un pouco

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Imos con varios anuncios:

– Público pechou a súa edición en papel. De momento sobrevive a versión dixital. Se a iso lle sumamos a absorción de “La Sexta” por Antena3, que se fará efectiva en Xuño, o frente mediatico progresista ou progre queda reducido a “El País” e a SER.

– Hoxe nace Dioivo novo dixital en galego. Que teña sorte!

– Converxencia XXI informa: A Conferencia Política que terá lugar o vindeiro sábado 3 de marzo no Centro Sociocultural de Conxo, Santiago de Compostela, terá coma obxectivo fixar uns posicionamentos políticos específicos en diversos eidos.

Os relatorios presentados por diferentes afiliados de Converxencia XXI, que poden ser emendados e serán sometidos a votación na Conferencia, versan sobre os seguintes temas:
– Os principios liberais da nación aplicados a Galicia
– Política enerxética
– Protección social
– Cultura
– Relacións internacionais
– Universidade
– Política agraria
– Reforma administrativa para Galicia
– Política ambiental
– Política no ensino
– Sanidade
– Urbanismo
– Deportes e política deportiva

– Hoxe fai tres anos da desfeita do 1 de marzo do 2009. Si, non estou errado, como este ano é bisesto o 1 de marzo desprazase un día co que non corresponde co cabodano. Non creo que se poida dicir máis do que xa se leva dito, aquí e noutros sitios. Como reflexión so podo engadir que o segundo mandato de Feijoo vai ser moito peor, sobretodo se a desfeita da oposición combinada con D´Hont fanlle chegar os 50 deputados que precisaría para “reformar” o estatuto el so. Perspectiva que pode pasar. A fin de conta por aí andaBeiras dicindo que as eleccións non son unha prioridade para el e os que se unan a el. Xa o vexo poseído polo extase “perroflautista” chamando a abstención. En fin cousas veredes. Como un cento de partidiños novos. Os ruxe-ruxes din que ao mellor ata se anima Cuiña Jr.

– Como veríades isto vai moi despazo nas súas actualizacións. Ben o quid é que eu, Lannister, non estou tendo tempo, xa que este curso esta sendo “peculiar”, como tampouco vou telo no futuro xa aviso que eu limitarei a manter activa a sección de avisos e dúas anotacións: a de San Patricio e a despedida de curso. Quen queira colaborar xa sabe: galizaprimeiro@gmail.com Iso si quen mande  cousas sepa que as publicarei cando poida: retrasos de entre unha semana e dez días poden ser habituais.

Un saúdo os que seguides a pasar por aquí.

Tamén en Galizauberalles2

 

Tags: , ,

17
Mar

Feliz día de San Patricio !

   Posted by: lannister    in Sen clasificar

A todos os que estudamos en Santiago o día de San Patricio fainos un tilín especial. Para moitos era unha escusa mais para ir de chea. Para outros, perturbados nacionalistas coma min, era un día para ademais de ir de chea brindar polos irlandeses e cagarnos nos ingleses publicamente tanto para festexar a illa esmeralda como para evitar suspicacias nos sitios onde íamos. Calquera lector avispado pode deducir doadamente que irlandeses e ingleses servían como tapadeira do que queríamos dicir realmente. Ademais claro esta, dese cariño especial que desde o galeguismo histórico ata hoxe, desperta entre nos unha nación capaz de diagnosticar os seus problemas e poñerse a solucionalos por todos os medios.

A que ven isto. Pois que cando me tocou revisar o arquivo do blogue para enlazar datos da desfeita do ano pasado coa análise do primeiro aniversario da mesma dinme conta que a primeira anotación do blogue foi un 17 de marzo, día de San Patricio, ou sexa que hoxe fai un ano da apertura deste sitio. Feito que aproveito para por o blogue baixo a protección do santo irlandés e para cumprir esa tradición dos blogues de facer análise do ano.

– En primeiro lugar dicir que non estou contento. Sei que o habitual nestes casos é comezar dicindo o feliz que te fai o proxecto en cuestión, como che deu un montón de alegrías e como pensas seguir adiante. Porén no meu caso non é certo. Este blogue naceu como medida terapéutica para superar a desesperación da desfeita. Cumpriu o seu obxectivo pasando ,eu, do baixón anímico o mero baixón intelectual. Agora ben non estou contento nin poderei estalo mentres a desfeita continúe. E este ano de blogue non parou de traer novas desfeitas.

– Agora tocaría presumir do grande número de visitas, do número de anotacións, e de cal foi a mais visitada.
De visitas non podo presumir en canto a número. Creo que si en canto a fidelidade (8 é a media diaria). A todos grazas, e especialmente a Caralladas e Duar os mais asiduos dos que non coñezo persoalmente (os que si grazas tamén porén podemos debater diante dun café).
Respecto o número de anotacións ata hoxe hai 157, 158 con esta, algo doado tendo en conta que a meirande parte delas son comunicados, anuncios e pegado de ligazóns. A máis visitada foi a editorial de “La Vanguardia” con 35 visitas. E ten truco, pois “La Vanguardia” detecta quen liga as súas novas e lígaas a súa vez co cal chegou un montón de xente desde alí. Respecto a que anotación estou mais orgulloso, a entrevista a Antón Losada, mais que nada porque se dignou contestar a diferenza doutras que lancei pola internet.

– Por último tocan as perspectivas de futuro.
Cumprida a función principal de erguerme o animo non sei moi ben se continuar ou non. A fin de contas se isto fose un medio de pago habería que considerar o peche, o cambio de liña editorial ou a fusión con outro medio. De momento e ata fin de tempada, en Xuño, imos seguir abertos. E a liña editorial non vai cambiar.
Un saúdo a todos e Feliz día de San Patricio!

P.D: e si estamos informados do decretazo bis, porén  iso vai o venres ou o luns.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: