Posts Tagged ‘Bernardo’

24
Xuñ

Sen imposicións, sen ofender a ninguén

   Posted by: lannister    in Lingua

O martes pasado asistín a un acto do Modelo Burela. Fun invitado por Bernardo Penabade co motivo do peche das actividades do proxecto para este curso. Este ano o foco de atención estaba centrado na Sanidade un dos abondosos eidos que se resiste a presenza normal do galego. Un dos eventos realizados durante o acto foi a proxección dun documental, dispoñible proximamente na rede, sobre as persoas que tentan levar o galego o Hospital da Costa, sito en Burela. Son pingas de auga nun oceano de castelanismo militante. Porén non vou flaar diso senon das verbas mais repetidas non so no documental senon no propio acto: sen imposicións, sen ofender a ninguén. Verbas repetidas cada vez que se falaba, e perdon pola redundancia, de falar galego ou usalo na escrita. Chocoume bastante, non porque non saiba que moitos cren no da imposición no do galego nin porque non saiba que moitos aínda se ofenden se escoitan falar en galego. Chocoume porque se un plan tan “branco” como o Modelo Burela debe facer expresión manifesta de non impoñer é que xa non hai remedio. Do mesmo xeito chocoume o de deixar de falar galego se o outro se ofende. Porque así non hai remedio. En fin parece que todo segue o seu lento camiño cara a extinción. Porque mal imos se aceptamos o da imposición e peor se lle facemos caso os que se ofenden por oir unha lingua distinta a de Lope, insigne poeta que xa o deixou todo claro: “Antes puto que gallego”.

Para rematar recomendo ler isto que da outra imaxe do mesmo.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

19
Out

O Modelo Burela triunfa no altar

   Posted by: lannister    in Fonte Externa

Bernardo manda isto sacado da Coz para que non todo sexan malas novas:

9/10/2010

A parella de bureleses formada por Zahara Peinó e Fernando Eijo casou onte segundo o ritual das vodas de antano e coa lingua e a música galega como actores destacados

A igrexa parroquial parroquial burelense acolleu onte unha voda feito seguindo os parámetros do Modelo Burela. A cerimonia foi un éxito rotundo e tanto a parella, formada polos burelenses Zahara Peinó e Fernando Eijo, como os convitados gozaron dun rito moi ben preparada e que se saíu dos parámetros habituais.

Os mozos foron ataviados cun traxe tradicional galego preparado especialmente para o casamento e, como é tradición, a noiva fixo esperar na igrexa un bo tempo ao seu prometido. Xunto a eles, tamén portaron esta vestimenta os padriños, os nenos das arras e moitos dos convidados, ademais dos músicos da Banda de Gaitas Dambara, á que pertence Zahara.

A intención da parella é que a voda foise moi participativa e abofé que o conseguiron, gracias tamén á participación do párroco Ramón Marful, que colaborou en que a cerimonia gañase en espontaneidade. Ata cinco persoas (o director da banda, amigos e familiares) leron durante a misa e os convidados pouco tardaron en romper a aplaudir estas intervencións, cargadas todas elas de emotividade.

Tanto na misa como no banquete, a música tradicional galega e a lingua do país tiveron un papel preponderante, xa que tanto os aspectos propiamente litúrxicos como aqueles outros que engloba un casamento foron recitados en galego.

No apartado musical sobresaíu unha composición interpretada a dúas voces de xeito maxistral por Guillermo e Elia, o arranxo do canon de Pachebel para gaita e O meu amor , unha peza tradicional da illa lusa de Madeira cantada a capela e que serviu de despedida.

Á saída da cerimonia, no adro do templo escenificouse unha regueifa bailada, a cargo de dous solistas.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,