Posts Tagged ‘coches’

24
Mar

Antropoloxía do coche oficial

   Posted by: lannister    in Política

Existe un famoso artigo antropolóxico chamado “A antropoloxía do Mcdonalds” no cal un antropologo aplica as tecnicas da antropoloxía os comportamentos do estadounidense medio cando vai comer unha hamburguesa. O resultado é unha radiografía precisa dos usos sociais e da imaxen-mundo que de si e dos demáis teñen os cidadáns do fogar dos valentes. Sería preciso un artigo semellante sobre os coches oficiais para tentar comprender porque a cidadanía do Estado español o acepta case todo dos seus dirixentes menos que vaian en coche oficial.

Preguntaredesvos a que ven isto. Explicareime nos ultimos tempos todos os xornais están obsesionados co parque móbil público. Comezou La Coz co de Touriño e continuaron o País e o Mundo co doutras autonomías. O obxectivo destes dous últimos é denunciar o despilfarro autonómico e suxerir que non estaría mal que a AGE recuperase atribucións e competencias para por orde no “caos de las autonomías”.

Como todo o mundo sabe o SERGAS ten problemas para adaptar a súa xestión os cambios continuos das necesidade médicas os cales veñen de estar sita a Consallaría de Sanidade en Santiago. Se todo estivese xestionado polo Ministerio desde Madrid iría xenial.

Vamos que unha vez máis se se poñen de acordo dúas visións “antagónicas” non é polo ben común, non, é porque vai vir unha das gordas como demostrou a Unión Sagrada de partidos na Primeira Guerra Mundial.

Voltando os coches sera porque odio conducir ou pola miña escasa intelixencia que nunca me preocupou o máis minimo e segue sen preocuparme que os politicos vaian a todos lados en coche oficial. E dubido moito que me preocupe aunque merquen un Ferrari para “El señor de las habichuelas”. Os coches oficiais son bens publicos e como tales pertencen a todos e pasan o seguinte cargo. Preocupame moito máis en que unha vez se aprobe o novo informe de incompatibilidades dos deputados (sucedera esta tarde) so 33 teñan dedicación exclusiva ou sexa que o resto será deputado e  ademáis cobrara por… outras cousas. Aínda me preocupa máis que o anterior, ter 264 senadores. Pois se os deputados fan pouco, os senadores non fan nada. Nestas preocupacións crecentes a seguinte na lista son as propostas de reforma da lei electoral e esas coincidencias antiautonómistas nos xornais.

Sempre considerei que comparar o proceso de restauración da democracia coa Restauración borbónica era algo inxusto. Errar/rectificar é de sabios. Está claro que callou nos dous partidos maioritarios, azuzados pola prensa e o xurdimento de Ultras Populistas y Derechistas, a idea de que é un bo momento para pechar o sistema e asegurar que nada altere o turno. Por que como imos deixar que os electores non nos den a sacrosanta maioria absoluta?

P.D: “El señor de las habichuelas” leva tres anos disfrutando dun coche de Citroen “cedido” pola empresa. El di que non hai problema porque é unha cesión pública e de balde. Ten razón, non é un problema, é cohecho.
Isto non contradi o que dixen antes. Ese citroen que non preocupa a La Coz nen o usufructurio do mesmo non é un coche oficial. O dito a min non me preocupan os coches oficiais, os outros si.

Tags: ,