Posts Tagged ‘eleccións’

20
Xan

Primarias

   Posted by: lannister    in Política

Unha das cousas máis simpáticas das teimas progresistas no vello continente é abominar de todo o americano para despois copialas veñan ou non a conto. A copia favorita nos últimos tempos é o das primarias. Claro que o resultado sempre resulta catastrófico polo mero feito de que as primarias en Europa non teñen sentido. Para entender porque hai que ver que son as primarias en USA.

As primarias son unha das múltiples reminiscencias que quedan no sistema político usaco de cando non eran unha democracia senón un sistema liberal. Nese contexto de pensamento político liberal e non democrático encaixan  feitos como o complexo sistema de elección presidencial ou que os dous partidos, por moito que se empeñen as progresías europeas, teñan a mesma base ideolóxica. Isto debese a que nas 13 colonias orixinais non houbo que desmantelar o Antigo Réxime, por non existir, co que as tendencias políticas eran mais practicas ca teóricas. Debían debater sobre como organizar o poder non sobre as bases deste. Debido a isto, ata o día de hoxe, os partidos políticos americanos son meras plataformas electorais cuxa finalidade é facilitar o proceso electoral e non presentar unha argumentación ideolóxica de cómo debe ser o poder. Así os demócratas do sur poden ser moito máis conservadores ca os republicanos da costa leste e ao mesmo tempo estar en partidos distintos.

As primarias son o corolario lóxico do anterior. Nun país recen creado e con distancias enormes, pensemos que estamos no XVIII, o único xeito de que os candidatos fosen coñecidos era estruturar un sistema que os obrigase a percorrer o país para gañar apoios. E iso son as primarias. Co tempo quedou o asunto englobado dentro dos partidos. Partidos que comezan a existir de xeito activo co proceso en cuestión. Así as primarias serven para mobilizar o electorado no senso máis literal: conseguir que se inscriban no censo. Lembremos que o censo electoral USA é distinto do administrativo. Para figurar no censo electoral hai que inscribirse nel. As primarias buscan crear un censo favorable e convencer a xente de que finalmente faga o esforzo de ir votar o martes que toca.

Por outro lado os candidatos non so se dan a coñecer senón que van perfilando as súas propostas. Algo moi útil dado que a diferenza dos partidos europeos nos que se sabe mais ou menos o que defende cada un, en USA todo depende do candidato.  Pese a todo co paso do tempo a pureza orixinal foise diluíndo porque as campañas custan millóns e os intereses en xogo son moitos. Isto fai que na medida do posible se busque clarificar e acurtar o proceso para non favorecer o rival e aforrar custos. É dicir evitar o risco de división do partido que pode facer que os derrotados queden na casa ou voten o outro partido o ser derrotado o seu candidato nas primarias. De aí os apuros demócratas no 2008 o non chegarse a un acordo Clinton-Obama, e teimar ámbolos dous en pelexar ata o final.

E precisamente este ultimo punto o que nos permite enlazar coas primarias europeas. Os partidos europeos teñen unha base ideolóxica  clara que fai que o programa estea claro desde o comezo e non dependa dos asuntos do candidato. Ergo o único que logran as primarias e debilitar o potencial electoral do partido dado que as diferenzas van acabar sendo persoais caéndose na división do electorado. Sobre todo porque as primarias non son tan abertas como as USA dado que o factor de elaboración do censo electoral non existe. De aí que as experiencias europeas ata o momento resulten fallidas. Quere dicir isto que é imposible traspasar o modelo? De xeito literal claro que si a non ser momentos excepcionais de crise absoluta e refundación desde cero do partido. Non sendo así a única opción sería unha reflexión seria que permita cambiar o modelo. Se se quere claro. A min persoalmente non me gusta o proceso americano así que tampouco vou dar ideas.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

13
Mai

Bildu, a campaña e a nostalxia dos MEU

   Posted by: lannister    in Política

Comezo falando de Bildu, ou mellor dito, da estraña transformación do TC segundo o PP: onte heroe demócrata nacional por tumbar o Estatut e hoxe fato de galiñas e viláns por deixar que Bildu se presente as eleccións. Que se pode dicir que non se dixera xa: o PP esta involucionando cara o feudalismo mais pleno, ou mais atrás. A fin de contas no feudalismo aínda se recoñecía a nivel teórico, ao menos, certos dereitos os demais. O PP so recoñece o dereito de obedecer. Respecto a Bildu en si, tendo en conta que abomino da lei de partidos, estou moi contento porque de momento poida presentarse. Respecto o TC remítome o xa dito.

A campaña ten dúas ópticas diferentes se a analizamos a nivel xeral ou galego. No primeiro caso presentase como unha primeira volta das xerais e ao mesmo tempo como o momento histórico no que o PP pode varrer o PSOE na meirande parte de España. Algo necesario para combinado co seu suposto triunfo nas xerais reverter todo o seu estado natural: ¡ESPAÑA UNA, GRANDE Y LIBRE!. O quid da cuestión non é que non se sepa ou que o PP o oculte: senón que todo o mundo parece resignado a que así sexa. Algo no que a incapacidade dos demais partidos para artellar unha alternativa. Ademais claro da desfeita dos medios de comunicación non alineados no TDT Party.

En Galiza, onde a liberación Popular xa chegou, o asunto é se a liberación chega as aínda cativas cidades e deputacións rebeldes co que o futuro do país será o PRI; ou se os bipartitos resisten. E tamén, xa para os fans dos asuntos pequenos coma min, quen vai ser a cuarta forza. No 2007 foi Tega. Claro que agora os independentes e “cabreados” agrupados baixo esas siglas marcharon en masa de volta para o PP recrutados polos bos oficios de Feijoo e Louzán. De feito no partido so queda o alcalde de Narón. E se falamos de Tega e de Narón hai que lembrar a Xuan Gato e a escisión que protagonizou en Tega. Tras ser derrotado nos tribunais Gato volve con Converxencia Galega. Onde, dado que a páxina é un calco da extinta terragalega.org, estará acompañado por parte dos que os seguiron na escisión. E se falamos de escisións aí esta o Partido Galeguista Democrata, escindido do Partido Galeguista. E como non a miña favorita Converxencia XXI, que non vai ser cuarta forza porque so se presenta en Santiago, Coruña, Vigo e Tui.

Ata aquí falo dos que se definen como “galeguistas”. Porque esta claro que quen ten máis posibilidades de ser cuarta forza é un misterio. Nas autonómicas foi UpyD. Agora presentase en: Santiago, Ferrol, Ourense, Nigrán. Lugo, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Baiona.

Remato porque ultimamente os MEU volven estar de moda. Na Tempos Novos de marzo ven un eloxio dos mesmos. Eu que os sufrín de cerca non comparto ningún deses eloxios. De feito o mellor que podo dicir deles e que deron o paso de irse dos CAF, porque estaban controlados pola malvada U. A pena é que despois todos eses quedan no BNG. Respecto os novos MEU e a outra escisión recente da que non lembro o nome concordo plenamente co comunicado que sacou AGIR no seu día analizando esas espantadas que saen pola porta para entrar pola venta: marchade dunha vez! Ou deixade de molestar.

(No momento de publicar isto non funciona blogger, de aí que non apareza a habitual ligazón a Galizauberalles 2)

Tags:

27
Xan

¿Alberto Núñez Feijóo, héroe de la patria?

   Posted by: lannister    in Desfeita, Lingua, Política

Alberto Núñez Feijóo, presidente de la Junta de Galicia, vencedor de las hordas coaligadas de rojos, separatistas y masones en las elecciones al parlamento de Galicia de marzo del 2009. Vencedor en definitiva de los ¡liberticidas! da muestras de debilidad que impiden considerarlo un héroe de pleno derecho. No hay evidencia más clara del clima de postración moral que vive España, un síntoma más del evidente proceso de desintegración que sufre la nación española y la democracia que un político que tanto prometía ceda a la estrategia de la imagen instaurada por el zapaterismo. Pese a todo aún mantiene cierta coherencia y ha dado algunos pasos en el buen camino (1,2) . Si persistiera en esta actitud y no en la debilidad sí que sería un político digno de liderar el renacimiento moral y político que ESPAÑA necesita.

Buff, credes que despois disto podo fichar por intereconomía ou liberdade dixital?

Que panda de… quedo sen palabras.

Aqui en Galizauberalles2

Tags: , , , , ,

28
Set

Promesas cumpridas II: Envía SS

   Posted by: lannister    in Desfeita, Lingua, Política

Na tempada pasada de Popular tv, Isabel San Sebastián tiña un deses programas, que na canle chaman de debate, e que na practica consiste en propaganda e linchamento do infortunado que vai defender teses contrarias a españolidade ben pensante. Como todo programa actual tiña un servizo de SMS, para mandarllos había que introducir o código SS (totalmente axeitado o meu parecer) do que tomo o título para esta anotación e coa que cumpro unha promesa de fai tempo. Neste caso retraseime para ver en que quedaba o asunto da fusión.
O sector audiovisual en España no referente a televisión foi considerado un dos piares da economía xunto a construción. Un indicativo máis de en que país vivimos pois pese a vantaxe do idioma, e excepcións como Médico de familia, Cuentame, ou os Sérrano, o sistema televisivo español é netamente importador de contidos. Contidos que chegan de todos lados incluso da deostada Sudamerica: telenovelas, formatos como Caiga quien Caiga ou dereitos sobre series para adaptalas aquí: Hermanos y detectives, Sin tetas no hay paraíso, los exitosos Pells, la Lola, el autentico rodrigo leal. E ademáis menuda programación que temos que aturar como piar económico…

A que ven todo o anterior, ademais de que para indicar que paso horas diante da tv? A importancia económica, política e social da televisión. Porque pode que hoxe en día no tempo de fragmentación das audiencias, canles de cable, descargas de internet … o poder é influencia da televisión pareza menor porén non é así. Canles de cable, plataformas dixitais, e televisión por internet seguen a ser televisión. De aí o meu interese nun momento en que o apagón analóxico vai disparar o número de canles, cunha programación deleznable iso si. Canles que se van expresar en castelán e en xeral van estar escoradas cara a dereita. Porque esa é outra das características do sector televisivo español: a súa clara alineación con posturas de dereita cavernícola. Algo lóxico tendo en conta a ineptitude de PRISA unha das poucas cousas nas que un pode estar plenamente de acordo con Don Federico. Unha empresa beneficiada polo poder durante anos como pode estar endebedada ata as orellas e necesitada de máis favores? Favores que pareceron esgotarse coa aparición de MEDIAPRO. Claro que so pareceron. Porque no momento en que a propia MEDIAPRO tiña problemas e PRISA estaba o borde do colapso o goberno autorizou a fusión de canles nunhas condicións nas que so se poden fusionar as canles de MEDIAPRO e PRISA, xa sexa entre elas ou con outras canles.

Agora ben o endebedamento é algo común a todos os grupos de comunicación presentes na loita mediatica. Debido a esas débedas a loita é tan encarnizada e tan estrema. É preciso fidelizar a audiencia mediante a tensión permanente e crear unha masa social que faga ver os políticos a importancia de chegar na salvación dos distintos grupos. A campaña da COPE contra o ABC ademáis de traer de volta o redil o xornal monárquico tiña como obxectivo aumentar os rendementos propios. Esta táctica ensaiada na radio esta a pasar a televisión onde Intereconomía destaca pola súa cerrilidade.

imagen-001

No momento en que se produza o apagon analoxico o predominio da dereita mediatica será abrumador tendo en conta como se repartiron as licenzas locais e autonomicas de TDT, no caso galego na maioría para o Grupo Coz e a COPE que as empregara para Popular tv. Licenzas que en vez de establecer un minimo de programación en galego establecen un máximo do 50% de emisión en galego. Un máximo! Co que queda a TVG e as súas canles como única televisión en galego, mentres O Fabeiro dos Peares non a privatice ou decida que debe ter emisións en castelán para que os pobriños GB a entendan. Unha TVG que desde finais dos 90 so ven os maiores e en función deles fai a súa programación (o bipartito camboiu algo diso, porén o biaprtito non está). E francamente os maiores e os que menos falla lle fai a TVG, para un grupo de xente que fala galego…
Conclusión: o panorama televisivo vai ir a peor como elemento aleccionador dos valores máis rancios da dereita española e configurador de maiorías. De feito especulase que as liortas nos madriles van máis ou menos así: PRISA xoga a dúas máns: PSOE e Gallardón nun intento de que o primeiro a salve ou de non ser así que o segundo por fin faga algo da súa vida. El Mundo xoga tamen a dúas máns a través Veo e de Liberdade dixital e Intereconomía: Rajoy e Esperanza. Isto en xeral. No caso concreto de Galiza veremos como aumenta o número de foros onde se defende a lingua común, se invita a Gloria Lago, se lle lambe o cu o Fabeiro dos Peares etc.

imagen-002

Tags: , , ,

5
Mai

Cifras para a reflexión

   Posted by: lannister    in Política

Carlos Neiras Cortiza fai unha atinada reflexión sobre os resultados electorais na Tempos Novos do mesmo de Abril. Quen queira ler o artigo so ten que ir a edición dixital (entrar a través da ligazón da marxe e buscalo). Eu quedo con algunhas das cifras que da.

PSOE: -27.000 votos

BNG: -40.000 votos

A taxa de participación nas eleccións do 1 de marzo do 2009 foi 5 puntos inferior a das xerais do 2008.

A taxa de participación nas eleccións autonómicas de Xuño de 2005 foi 8 puntos inferior as xerais de 2004.

A suma de votos de UPyD  e  TEGA supera a de todas as forzas de esquerdas (desde Eu ata o independentismo) que non obeteñen escano.

O voto en branco supera en número a calquera das opcións que non obteñen escano.

O desplome do BNG é maior nas areas onde é maior a difusión de La Coz e menor o número de galegofalantes. =  O BNG non soubo ofrecerlle nada as cidades que compensase a deriva “Cocense”

Nas eleccións de 2009 o BNG obtivo o 16,2% dos votos e 12 escanos.

Nas eleccións de 1989 o nacionalismo obtivo o 17% dos votos e os seguintes escanos: BNG 5, CG 2, PSG-EG 2.

A miña pregunta é: cantos dos que se reunen o 10 teran en conta estas cifras? Cantos iran máis alo do fiasco do 1 de marzo e comezaran a analizalo con frialdade?

Porque se a solución como se albisca é: máis esquerda trasnoitada, da que queda moi ben para a galería porén non ten en conta que estamos no 2009 e os medios deben ser distintos e a forma da mensaxe tamén; máis soberanismo de pancarta, porque berrar galiza ceibe podemos facelo todos e ademáis aledamos a Don Santiago e ó “Señor das Habichuelas”; e máis frontismo trasnoitado, todos unidos para poder apuñalarnos mellor polas costas… todo ira cara atrás. Claro que sempre nos quedaran as esencias: pelexar pola normativa (a columna de vieiros que rebate o artigo das FAES, a última vez que o mirei, levaba 299 comentarios, discutindo sobre a normativa non sobre o artigo de FAES faltaría máis)

Tags: