Posts Tagged ‘Engadir nova etiqueta’

1
Set

Crónicas dun Verán atípico I: O día da Patria.

   Posted by: lannister    in Política

Un verán atípico este. Normalmente nos meses estivais son poucas as novas que conseguen traspasar o meu retiro e illamento autoimposto. Este ano foi distinto. Por iso comezo aquí unha serie de anotacións que recollen as novas que conseguiron romper o meu eremitismo de verán. Co titulo xenérico de Crónicas dun verán atípico irei poñendo novas, xa vellas, que serviran de recuperación destes dous meses en branco. A primeira vai sobre o día da patria.

Unha das cousas que sempre me chamou a atención foi o escaso interese que o 25 de Xullo como día da comunidada autonóma de Galicia despertaba nos medios de comunicación estatais (o do día da Patria como reivindicación nacionalista aínda menos). Este ano agás na TVG e TVE que o mencionaron de pasada os medios televisivos centraronse na ofrenda o Apostolo e no feito de ser a festa de Santiago Patrón de España.

Non cabe dubida que a decisión dos primeiros nacionalistas de facer coincidir ambas datas nun intento de facer que a festa relixiosa tirase da política fracasou como tantas outras cousas. Non son o único que o pensa. Loxicamente o escaso interese tanto dos medios alleos como da propia xente de aquí polo día de Galicia implica moitas cousas. Algunhas magnificamente reflexadas nas ligazóns seguintes.

http://cafenatrincheira.trincheradigital.com/?p=442

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/07/23/0003_7864165.htm

http://seioque.com/index.php/backtothefuture/25-de-julho-ou-17-de-dezembro

Tags: ,

15
Xuñ

Aborto non, lei si

   Posted by: lannister    in Sen clasificar

O titulo desta anotación pode parecer un máis dos múltiples arrebatos de “esquizofrenia de opinión” nos que vivimos instalados ultimamente. Porén non é máis que a sintese da miña opinión sobre a reforma da lei que despenaliza o aborto.

Como católico, e que sen ser un experto ten certos coñecementos de teoloxía, estou en contra do aborto. É máis, comprendo que a Igrexa manifeste a súa opinión e faga campaña contra el. Claro que no que xa discrepo é nas formas da devendita campaña que unha vez máis me fan preguntarme porque non apostato un día destes e fundo unha Igrexa galega como fixeron outros antes a nivel estatal.

Porque a Conferencia Episcopal trabucase non so o utilizar unha linguaxe grosa e desproporcionada senon tamén o caer na deslixitimación do Estado. Vivimos nun Estado que consagra a separación entre o relixioso e o civil correspondendolle o parlamento lexislar. Un parlamento que a Conferencia Episcopal non pode obviar como base no noso sistema politico que é. Como moito pode aconsellar e orientar a actuación dos parlamentarios católicos porque o tema de fondo recae na moral e na conciencia de cada quen.

Claro que recurrindo a curiosas regras de tres polas cales se o aborto é legal tamen debería selo a violación, ou que a pederastia é un mal menor que pode perdoarse o peso moral da Conferencia Episcopal deixa moito que desexar.

Un aborto sempre é un fracaso e ninguen o fai porque si, cun sorriso nos beizos e dando chimpos de ledicia. Unha campaña contra o aborto desde un punto de vista católico debería tender a plantexar opcións:

– en primeiro lugar evitar os embarazos non desexados mediante unha correcta educación sexual e unha accesibilidade plena os metodos anticonceptivos. A oposición da Igrexa a ambalas dúas cousas é ridicula: os feitos demostran que a xente peca contra o sexto mandamento, ergo aseguremonos de que non peque contra o quinto. A diferenza entre un pecado é outro pode radicar nun simple elemento de latex.

– en segundo lugar en vez de gastar tanto en tentar tumbar o goberno tal vez sería mellor potenciar a xa esistente rede de apoio as mulleres embarazadas proporcionandolles outras opcions: información, apoio económico, posibilidade de ser acollidas, entrega dos seus fillos en custodia ou adopción…

-e en terceiro lugar a necesidade de que exista unha lei clara como pretende o goberno.  Porque prohibir o aborto leva a abortos clandestinos cos riscos sanitarios que conleva e posibilidade de máis mortes (nai e nasciturus polo prezo dun). Mentres que agochalo como ata agora leva a un negocio privado de clinicas que se lucran das miserias alleas. de aí que defenda que o aborto este claramente regulado e despenalizado e integrado na sanidade pública. (Recoñecendo o dereito dos médicos a non realizalo porén garantindo que haxa outro facultativo disposto a facelo).

Lamentablemente a Igrexa española sempre foi campeona da ortodoxia non de levar o evanxeo a realizacións practicas.

Tags: , ,