Posts Tagged ‘Medios de comunicación’

29
Feb

De todo un pouco

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Imos con varios anuncios:

– Público pechou a súa edición en papel. De momento sobrevive a versión dixital. Se a iso lle sumamos a absorción de “La Sexta” por Antena3, que se fará efectiva en Xuño, o frente mediatico progresista ou progre queda reducido a “El País” e a SER.

– Hoxe nace Dioivo novo dixital en galego. Que teña sorte!

– Converxencia XXI informa: A Conferencia Política que terá lugar o vindeiro sábado 3 de marzo no Centro Sociocultural de Conxo, Santiago de Compostela, terá coma obxectivo fixar uns posicionamentos políticos específicos en diversos eidos.

Os relatorios presentados por diferentes afiliados de Converxencia XXI, que poden ser emendados e serán sometidos a votación na Conferencia, versan sobre os seguintes temas:
– Os principios liberais da nación aplicados a Galicia
– Política enerxética
– Protección social
– Cultura
– Relacións internacionais
– Universidade
– Política agraria
– Reforma administrativa para Galicia
– Política ambiental
– Política no ensino
– Sanidade
– Urbanismo
– Deportes e política deportiva

– Hoxe fai tres anos da desfeita do 1 de marzo do 2009. Si, non estou errado, como este ano é bisesto o 1 de marzo desprazase un día co que non corresponde co cabodano. Non creo que se poida dicir máis do que xa se leva dito, aquí e noutros sitios. Como reflexión so podo engadir que o segundo mandato de Feijoo vai ser moito peor, sobretodo se a desfeita da oposición combinada con D´Hont fanlle chegar os 50 deputados que precisaría para “reformar” o estatuto el so. Perspectiva que pode pasar. A fin de conta por aí andaBeiras dicindo que as eleccións non son unha prioridade para el e os que se unan a el. Xa o vexo poseído polo extase “perroflautista” chamando a abstención. En fin cousas veredes. Como un cento de partidiños novos. Os ruxe-ruxes din que ao mellor ata se anima Cuiña Jr.

– Como veríades isto vai moi despazo nas súas actualizacións. Ben o quid é que eu, Lannister, non estou tendo tempo, xa que este curso esta sendo “peculiar”, como tampouco vou telo no futuro xa aviso que eu limitarei a manter activa a sección de avisos e dúas anotacións: a de San Patricio e a despedida de curso. Quen queira colaborar xa sabe: galizaprimeiro@gmail.com Iso si quen mande  cousas sepa que as publicarei cando poida: retrasos de entre unha semana e dez días poden ser habituais.

Un saúdo os que seguides a pasar por aquí.

Tamén en Galizauberalles2

 

Tags: , ,

3
Nov

Tempos Novos, Praza Pública e Converxencia XXI

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Fai máis dun ano que Tempos Novos pechará a súa páxina web. Agora reabrea renovada. Podedes vela aquí. E aquí podedes contactar para entre outras cousas subscribirbos a edición en papel e que non morra.

Xa que falamos de medios de comunicación en galego pasamos a dar nova do intento dun por nacer. Filipe Díaz e Manuel Barreiro tentan botar a andar un xornal dixital. Aquí tedes toda a información.

Por último e para rematar coa folla de avisos desde Converxencia XXI din o seguinte:

“Converxencia XXI encara o seu primeiro reto nuns comicios estatais cara as Eleccións Xerais do 20 de novembro. O traballo levado a cabo por simpatizantes e afiliados de Converxencia XXI foi intenso e acadamos un 40% máis dos apoios que precisabamos en toda Galicia. En total, máis de 4000 galegos e galegas avalaron o proxecto de Converxencia XXI para ser a alternativa galega e de centro a representalos na Carrera de San Jerónimo os próximos catro anos. Neste link podes atopar a información relativa a este Fito na breve historia do noso partido

 Con este motivo, e para manter aos simpatizantes de Converxencia XXI informados das actividades do partido, iniciamos con este os envíos de newsletters periódicas. Por unha banda, podes atopar no seguinte link as propostas progamáticas de Converxencia XXI, tamén te convidamos a coñecer aos nosos cabezas de listas ao congreso así como as nosas candidaturas completas ás cortes xerais do estado.

 Así mesmo, convidámoste a ollar o noso decálogo programático “Dez razóns para apoiar a Converxencia XXI” se estás de acordo con nós, sentiríamonos honrados de que compartas esta información cos teus coñecidos, temos por diante un dos máis importantes retos de Converxencia e contamos contigo para acadar un moi bo resultado nos devanditos comicios.

 Xa por último, aquí podes atopar a entrevista radiofónica ao Secretario Xeral do noso partido sobre a presentación de Converxencia XXI ás eleccións xeráis.”

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

13
Out

Asina a favor da prensa en galego

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

http://marxinaciondogalegonosmedios.es

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

7
Out

Manda Carallo coas Caixas e a puta Coz!

   Posted by: lannister    in Desfeita

Ao final quedamos sen caixas tal é como estaba previsto. A Coz obviamente non so non protestou senon que capitanea con entusiasmo a cortina de fume das pensións dos seus directivos. ( O cal non quere dicir que estas non sexas indignantes e inxustas) Por outro lado parece ser que pese a recibir cartos a esgalla da Xunta a Coz ten problemas económicos coma todos os medios. Vale, coma todos non. Comeza a campaña electoral e seguro que lle van caer moitos carto máis da Xunta. De momento xa volveu a acelerar o ventilador para espallar merda sobre o BNG e a competir en nivel de insultos contra ZP con El Mundo. Ao final a Coz vai morrer de éxito: cando sexa indistinguible del Mundo ou La Razón para que a van mercar os seus lectores? Mellor mercar os orixinais que non unha imitación de provincias. Madrid e España ante todo!

Remato cunha selección de artigos que tratan os dous temas en extenso e mellor ca min.

SOBRE AS CAIXAS

http://afuradadotrasno.blogspot.com/2011/10/certificado-de-defuncion-galiza-quere.html

http://afuradadotrasno.blogspot.com/2011/10/galiza-quere-saber-2.html

http://afuradadotrasno.blogspot.com/2011/10/un-turco-en-vigo.html

http://nosquedaportugal.blogspot.com/2011/10/nunca-mais-ncg.html

http://xmeyre.blogaliza.org/2011/10/02/o-roubo-improtestado/

SOBRE A PUTA COZ

http://www.prnoticias.com/index.php/prensa/209-ojd-/10068153-ojd-junio-los-diarios-regionales-se-desploman

http://xmeyre.blogaliza.org/2011/09/27/sobre-a-crise-de-lvg-fora-lvg-dos-centros-de-ensino/#comments

tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

23
Set

Debemos chorar por Xornal de Galicia?

   Posted by: lannister    in Política

Se en Galiza hai un medio de comunicación que resultou  polémico desde a súa fundación ese foi Xornal de Galicia. A verdade é que o proxecto pode considerarse como o mellor exemplo do que non hai que facer a hora de montar un medio de comunicación “galeguista” por dicilo dalgún xeito. Desde o comezo foi incapaz non só de disipar as dubidas sobre a súa orixe senón de satisfacer a aqueles que, coma min, puxeramos moitas esperanzas nel. A verdade eu perdín o interese nel moito antes de que se oficializase o cambio de liña editorial, máis ca nada porque eu noteilla moito antes. Un Xornal así e que ademais reducía a presenza do galego de pouco servía excepto para manter entretido en algo a Don Santiago e tentar crear a falacia de que o PSdG é un partido galeguista. Por iso podo dicir que o seu peche, tamén na rede, tras facelo no papel non me alegra porén tampouco vou chorar por el. Que nos debe quedar de Xornal? Para algúns pode que sexa a lembranza do que puido ser e non foi. Para min un montón de aprendizaxes útiles para cando alguén decida crear un xornal galego, en galego e nacionalista, de verdade. Xa sei que o 99,9% da poboación pensa que iso é imposible. Eu estou no 0,01% que pensa que é posible. Diso falarei outro día, se me lembro.

Por outra banda déixovos información sobre a folga do 21 e o vídeo de Rajoy no que se te fixabas aparecía a estreleira.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: , ,