Posts Tagged ‘Medios de comunicación’

17
Xuñ

There can be only one: Quen?

   Posted by: lannister    in Política

A canle de Unidad Editorial, propietaria de El Mundo, Veo7 vai ser reestruturada debido os problemas financeiros. Isto sumase a desaparición da canle de Prisa, CNN+ o 28 de Decembro pasado.

E que conclusións podemos sacar disto? Dúas, unha económica e outra política.

  • No primeiro caso pode parecer hasta divertido ver como das malas novas de Prisa nos enteramos polo Mundo e das de Unidad Editorial por el País. En calquera caso o problema de fondo é que os grandes medios de comunicación de España están todos en pésima situación económica. As debedas son millonarias e o seu modelo de negocio constitue unha fuxida cara adiante a ver que pasa. Neste senso o primeiro en “caer” foi Prisa. Acuciada polas debedas e resentida con Mediapro e o goberno acabou vendendo o negocia televisivo en aberto, Cuatro, a Telecinco. E ampliando capital cun fondo de inversión estranxeiro que a partir do ano vindeiro dira como queda na practica a liña editorial (promesas de seguir sendo de centro-esquerda a parte). Unidad Editorial capea a crise porque pertence a un grupo italiano, quen o fartarse de perdas deu orde de meter man en Veo7.Vocento non vai moito mellor e de feito a súa canle La10 xa reduciu programación. E Intereconomía ven de pedir axuda os seus espectadores, mentres Mario Conde pensa se invertir ou non. En definitiva como o ladrillo a televisión foi un dos campos da especulación que teoricamente ía rematar nun negocio millonario coa TDT e na practica quedou como estaba: endeudado e pendente dos ventos políticos agás Telecinco que converte en ouro todo o que toca.
  • Desde o punto de vista politico o mal estado económico dos membros do TDT Party so vai acentuar a sáu verborrea. A fin de contas se La10, ten un 0,4% de audiencia, Veo7 un 0,9% e 13TV un 0,3%… Intereconomía ten 1,6% cunha media de espectadores en “El Gato al agua” de 450.000. Polo tanto seguiran erre que erre coas súas teimas. De feito o da desaparición/privatización das canles autonómicas responde non so a ideoloxía senon tamén a necesidade: se estas se privatizan non so a publicidade caera nas súas mans senon as mesmas canles. A presión ira en aumento para conseguir favores politicos do mesmo xeito que Prisa e Mediapro loitaron polos favores do PSOE. Ao fin, co Rubalcabato, gañou Prisa. Por certo esta victoria puxo en apuros a La Sexta que probablemente acabe en mans de Antena3, propiedade de Planeta tamén dona de La Razón. Co cal deixando a un lado que o mellor é xestionar a través da internet o que un ve, o quid é: se todalas canles de televisión acaban en mans da dereita, hai posibilidade de gañarlle unhas eleccións?

Non falei de Galiza porque aquí o único cambio respecto a situación xeral é o grupo de La COZ. E xa sabemos que esta non ten problemas económicos: a fin de contas son unha consellería máis e raro é o día que o DOG non lles de uns cartiños.

P:D: Co fin de ver como estaban antes as cousas non ven mal releer estas dúas anotacións anteriores: Envía SS e Cousas da TDT

Tamén en Galizauberalles2

Tags: