Posts Tagged ‘normalización’

27
Abr

Acto de queremos galego e vento lois

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas convocan Vento Lois, un recital expansivo que se celebrará en todo o mundo 0 vindeiro 12 de maio ás 8 da tarde. Eis a súa carta, que pregamos difundir:

Despois do Vento Lois que soprou na Coruña o pasado 20 de marzo, queremos que o aire da súa furia e do seu paixón acade todos os recantos do universo.
Para elo, a seita loisista, co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores, chama a organizar un novo vendaval, que percorra todo o mundo, o día 12 de maio ás 8 da tarde: lectura de textos de Lois, sobre Lois, música, performances, teatro…
Solicitamos a túa colaboración por se podes argallar ou contribuír a argallar calquera acto, institucional ou persoal, en calquera lugar –bar, praza, monte, praia, recinto cultural- para ese día e esa hora. Se é así, faino ou, como remataba Lois a súa Modesta proposición, «quen teña tempo, enerxía, e desexe facer algo, que vaia propoñendo algo… (Por exemplo)».
De momento, están xa confirmados un concerto no cárcere da Coruña, (a partires das 21,00 horas), un recital aberto no Centro de Interpretación de Viño de Monforte e outro en Toulouse (en lugar por confirmar)
Na web de Lois http://loispereiro.blogaliza.org habilitarase un espazo no que apuntar as iniciativas en cada localidade, e así xuntar xente, propostas e esforzos. O resultado –fotografías, vídeos, comentarios- será recollido primeiro na propia web, e logo xa se verá.
A proposta de escaleta do acto pode consultarse aquí.

Tamen en Galizauberalles2

Tags:

30
Mar

Avisos de Queremos Galego e Coverxencia XXI

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Mentres Converxencia XXI informa de entrevistas o seu líder:

En Xornal de Galicia

En Xornal 21

Tamén en Galizauberalles2

Tags: , ,

23
Mar

Gañador do concurso de Galegolab

   Posted by: lannister    in Lingua

Galegolab(1,2) convocara un concurso de curtas sobre a situación do galego. Aquí tedes o gañador:

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

16
Mar

Achegarte e unha puntualización

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Desde Achegarte informan do seguinte:

“Prezada/o amiga/o
Como é posíbel que saibas xa, o 2 e o 3 de abril de 2011 terá lugar na Coruña Achegarte, a cultura que queremos; unha festa arredor da creación cultural especialmente enfocada este ano cara ao público infantil e xuvenil, entendendo como tal todo o que non vai dirixido exclusivamente ao público adulto.

Gustaríanos convidarte a participar no Foro sobre o estado da cultura que terá lugar na rede durante todo este mes. Todas as ideas serán recollidas nun documento cuxas conclusións serán redactadas nunha mesa redonda durante o Achegarte para darlles forma de manifesto. Un foro, unha mesa redonda e un manifesto por cada unha das áreas temáticas -Literatura, Música, Artes escénicas, Audiovisual, Artes plásticas, Lingua e Organizacións culturais-. E finalmente publicaremos e difundiremos un documento conxunto sobre o estado da cultura e un vídeo coas lecturas dos 7 manifestos.

Podes participar pinchando nesta ligazón:
http://achegarte.org

Se ademais desexas inscribirte en Achegarte como creador/a, editora, libraría, asociación cultura ou outro tipo de organización, podes facelo no formulario seguinte:
https://spreadsheets.google.com/viewform?formkey=dHBvYkpCR2F4eGpiUEw4eldKNklYbHc6MQ

Vémonos en Achegarte 2011

A cultura que facemos.”

E o Cortello da Laracha di:

“A Laracha,un dos últimos redutos do franquismo onde o PP se nega a quitar as placas co nome de Franco ( máis información en: http://ocortellodalaracha.blogaliza.org/ )”

A puntualización ven a raíz deste anuncio, o libro en cuestión trata disto. O que quero puntualizar é que se ben hai cousas nas que concordo con Converxencia XXI, noutras non.  Esta é unha das que non. A miñapostura non cambiou niso e sigue sendo a mesma.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

10
Xan

Tiñan razón

   Posted by: lannister    in Lingua

A recente proposta do IGEA sobre o bilingüismo causou certa polémica. A verdade non é para menos. Non polo emprego do termo bilingüismo senón polos argumentos que empregan. De feito estes poden sintetizarse en:

– todos os que dicían que o castelán estaba dalgún xeito marxinado tiñan razón. Xa vexo a Gloria dando chimpos de pura ledicia.
– hai que ir cara a un modelo de convivencia que recoñeza o sitio do castelán.
Podería seguir porén ao final pregúntome se para dicir iso facían falta tantas palabras. Con darlle a razón a Gloria e dicir que o modelo de Feijoó e Anxo son, xa non o único posíbel, senón o mellor, xa estaba.
Tanto tempo pedindo un plan B para salvar algo e aquí esta: o pesebrismo, salvemos a poltrona. Se Anxo marcha aí esta Henrique para facer o “sacrificio” pola lingua.

E que queda despois de todo isto?
– Unha nova lea divisoria que sumar a guerra normativa.
– Un novo argumento para marxinar e estigmatizar os catro que quedamos defendendo a lingua sen matices de ningún tipo.
– Unha boa base para que Feijoó ou que sexa “iguale” o castelán e o galego. Ou para que derogue a Lei de Normalización para sustituila por unha Lei de Dinamización da Lingua Galega e convivencia harmónica/amable co castelán.
– Acaba co concepto de normalización e todos os escasos logros destes anos.

E para rematar xa que falamos de ter razón, os reintegracionistas tiñan razón. Os defensores desta normativa no fondo teñen o corazón en Castela. Vaian desde aquí as miñas desculpas.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,