Posts Tagged ‘Política’

9
Out

Lembranza de Zapatero: o fracaso

   Posted by: lannister    in Desfeita

No seu momento Xopau xa fixo unha analise finalsobre Zapatero. Eu por falta de tempo deixeino pasar ata hoxe. 

Josep Ramoneda (GARA 5-II-2012):  ” Aznar gobernou cun proxecto claro de reconquista ideolóxica, de hexemonía cultural, e cando logras iso a hexemonía política vén de seu. A proba é que o PSOE xa non existe nalgúns lugares: Murcia, Madrid, Valencia. Para min un dos grandes fracasos de Zapatero é que en sete anos non deu recortado nin un milímetro a hexemonía ideolóxica do PP”.

A cita anterior engloba claramente o significado e a problematica que subxace o mandato do anterior presidente do goberno. Pode que todo o mundo siga teimando na crise económica, non é para menos, porén o verdadeiramente significativo de Zapatero é o seu primeiro mandato e as eleccións de 2008. 

Unha frase habitual, unha de tantas froito da transición, é a de que España é de esquerdas. Jimenez Los Santos considera que é unha parvada, unha de tantas que lastran a esquerda. E ten razón. España como calquera país inserido na posmodernidade xira entorno a aqueles que sexan capaces de levar a primacía da súa mensaxe a esfera publica e actuar en menor contradición posible, polo menos en público con esa mensaxe. Zapatero chega o poder tras oito anos de Aznarato e antes deste unha longuisima etapa socialista na que o PSOE ao tempo que moderniza as estruturas económicas e ata certo punto sociais esquece moitos dos seus sinais de identidade. Ou noutras palabras: convencido de que o país é de esquerdas, da súa superioridade moral e do poder de PRISA deixou o campo ideolóxico baleiro. O rearme do PP neses tempos foi de manual. Cando lle sumaron o goberno central actuaron para barrer o contrario partindo da idea de que si nos votaron foi para algo. Zapatero tentou facer algo semellante. De feito pode considerarse que aceptou como certa a frase xa citada e ademáis outra que di que o PP pode romper calquera día e parir unha dereita non cerril. De aí que xogase todalas bazas pendentes desde a transición:

Pasar a un estado federal (Estatuto de Catalunya, reforma non realizada do Senado)

Intento de separar dunha vez Igrexa e Estado (a prometida e non realizada lei de Liberdade Relixiosa, lexislar dun xeito claro o aborto, matrimonios homosexuais).

 Ver se aparece esa dereita soñada (illamento do PP)

Aumentar a pluralidade de medios progresistas (Concesión da licenza de televisión a Mediapro coa aparición de La Sexta e Publico)

Nin que dicir ten que fracasou en todo.

Fracasou pola propia oposición dunha parte dos seus que desde o día un do seu mandato botaban de menos a Felipe e como se facían as cousas naquel tempo. Porque non nos enganemos a dereita civilizada é o PSOE. Nunca se falará bastante da traxedia que supuxo que non callase unha forza democratacristiá na transición e que estes acabasen no PSOE ou no PP.

Fracasou porque os que poderían apoialo comportaronse como nenos de patio de colexio (ERC), adolescentes enfadados porque os castigan sen saír (CiU), ou caseiros indignados (PNV). Todos eles fixeron boa a imaxe dos nacionalistas pedichóns que retratan os medios da dereita madrileña.

Fracasou porque os que deberían acompañalo mediaticamente estaban enfadados e arruinados (PRISA) ou carecían de pegada suficiente ademáis de ter problemas propios de solvencia (Mediapro). F

racasou porque o PP non vai romper. Porque simplemente iso co que soñan os demáis a eles e os seus votantes non lles interesa. Entre outras cousas porque xa existe, é o PSOE. Fracasou porque ao fin non tiña os recursos nin a capacidade necesarias para triunfar nunha aposta tan alta, e España non é de esquerdas. 

O que si é importante é que o intentou. Tivo o valor de ir a por ese país no que cría e que teoricamente era posible. Non saíu. Non tivo a maioría absoluta no 2008 e o PP, tirado o monte, subiu en escanos. Un fracaso clarificador para quen queira velo. Sexa como sexa eu agradezolle o intento e botoo de menos.

Tamén en Galizauberalles2

 

Tags:

28
Xuñ

600.000 funcionarios, o peche de Galicia Hoxe e despedida

   Posted by: lannister    in Desfeita

Agora que a marea azul avanza cara a consumación dos tempo retomei a lectura de “El Mundo” e da columna de Don Federico. Durante os anos de universidade era o xornal que primeiro lía. Seguiu sendo así ata outubro de 2004, cando ata o meu peculiar sentido do humor dixo basta, ao non aturar a enésima reviravolta da teoría de que o 11M era cousa de Rubalcaba e uns amigos.

Voltei a “El Mundo” para ir preparándome para o que ben. E xa que leo semellante cousa, algo saco en limpo. Ultimamente andan moi entretidos co seguinte argumento: en 1977 había 600.000 funcionarios, en 2011 3.200.000. Todo culpa das autonomías, porque a administración xeral do estado ten 600.000 funcionarios. Menten? Por suposto.

Para comezar meten no mesmo saco tódolos tipos de empregados públicos: funcionarios, persoal laboral, asesores, traballadores dos chiringuitos, policías, gardas civís, soldados…. e din que todos son funcionarios.

En segundo lugar voltemos a 1977. Había 600.000 funcionarios, certo. Porén non os escandaliza que unha administración que debería ser mínima coma a central siga tendo os mesmos funcionarios? Non porque todo esta mellor en Madrid. Por outro lado se empregamos a mesma falacia que en 2011 habería que incorporar policías, gardas civís, persoal dos organismos autónomos e os 700.000 traballadores dos distintos órganos do “El Movimiento Nacional” que foron incorporados entre o 76 e 78 a administración do estado como parte da transición. Vemos que os números medran que da gusto.

En terceiro e derradeiro lugar a maior parte dos empregados públicos son traballadores dos distintos servizos de saúde e educativos. Son moitos máis ca en 1977 porque agora a sanidade si cubre a todo o mundo, e educación aumentou o período de escolarización obrigatoria e si inclúe a todo o mundo. En 1977 por poñer un exemplo os integrantes do Réxime agrario da seguridade social non estaban incluídos no sistema de saúde. O devandito réxime só daba dereito a unha pensión os 65 anos. Da educación mellor non falamos.

O obxectivo final esta claro: privatizar. Todo dentro dunha campaña de linchamento publico o estilo da dos controladores para que cando chegue o momento sexan os “malvados funcionarios”os culpables de todo.

Remato con dous apuntes: hoxe é 28 de Xuño, aniversario do Estatuto do 36, e hoxe pecha Galicia Hoxe. (1,2,3)No acto da semana pasada preguntabámonos a quen lle tocaría caer este ano, despois do Xullo negro do ano anterior. Por desgraza xa temos resposta.

En fin aquí remata o curso. Se Deus quere e San Patricio axuda vémonos o 16 de Setembro. Moito me temo que teremos novas desfeitas das que falar.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

24
Mai

Vai un, quedan dous!

   Posted by: lannister    in Desfeita

Chegou e pasou o primeiro dos tres luns negros. Quedan dous. Neste podemos recorrer as obviedades de sempre: puido ser peor, a conxuntura ou que a cada quen lle guste máis… A verdade é que a hostia para o BNG foi gorda. En canto o PSOE todo marcha segundo o previsto. Desde o día seguinte das xerais de 2008 hai un ruxe-ruxe continuo nos medios que di que o PSOE camiña cara a súa disolución. O culpable e a solución disto é para uns que o PSOE se vendeu o separatismo e debe voltar a senda da Nación, ou sexa España, mentres que para outros é porque se volveu moi xacobino e debe ser máis federal. A verdade é que calquera o sabe. O único claro e que neste momento España é azul e camiña a ser SO AZUL.

Por outra agora que todos teiman en descubrir se influíu no resultado, ou non, Democracia Real Ya! eu reafírmome en que aínda é cedo para sabelo no senso de como afectou a esquerda. No caso da dereita esta claro que como tantas veces anteriores as acampadas déronlles o empurrón que precisaban: agora si que a esquerda esta dividida, agora si que hai que parar a revolución!

Remato cuns apuntamentos:

–         a dubida de quen é a cuarta forza, entendendo como tal unha e non voto en branco/nulo, decantouse a favor de esquerda unida. Hai que foderse!

–         A miña querida Converxencia XXI obtivo un concelleiro en Tui. Terá que demostrar se son un partido de verdade ou a enesima forza local.

–         Menos mal que esta Bildu. A única boa noticia do día.

–         Por último cando se analizan os resultados sempre se pensa na suba do PP. Poren se  se analizan mais polo miúdo vese que non sobe tanto senón que se esfondan os outros. Non teño os datos para toda Galiza poren pasáronme uns da Mariña que dan para reflexionar. Os datos aquí.

Tamén en Galizauberalles

Tags: ,

17
Mai

Dous afoutos galegofalantes…

   Posted by: lannister    in Lingua

Na imaxe inferior dous afoutos galegofalantes enfrontan as hordas galiciabilingüistas.

Feliz día das letras!

Tags:

4
Mai

Nostalxia de Mayor Oreja

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Onte entrevistaron en “La noche en 24 horas” a Rosa Díez. A súa intervención centrouse na nación, a necesidade dun goberno forte que goberne, o sentido común, o feito de ser o único partido nacional dada a cesión sen tregua que PSOE e PP fan os separatistas e demais cousas dese estilo. O que me chamou a tención e que para entrevistador e contertulios todo estaba ben. Cando Mayor Oreja, ou Aznar, din o mesmo sempre hai alguen que salta en defensa das autonomías e a pluralidade. Porén UPyD non alarma a ninguen. O dito, nostalxia de Oreja que polo menos identificano como o que é, mentres Díez segue contando con inmunidade.

Por outra banda, a fin semana Converxencia XXI presentou os seus candidatos.

Tamém en Galizauberalles2

Tags: ,