Posts Tagged ‘Política’

30
Mar

Avisos de Queremos Galego e Coverxencia XXI

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Mentres Converxencia XXI informa de entrevistas o seu líder:

En Xornal de Galicia

En Xornal 21

Tamén en Galizauberalles2

Tags: , ,

2
Mar

Converxencia XXI informa

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

Tras un tempo parada hoxe recuperamos a sección de Avisos e Anuncios con esta información de Converxencia XXI.

“O Secretario Xeral e fundador de Converxencia XXI, Carlos Vázquez Padín presenta hoxe (nota de lannister, refirese o 25 de febreiro) o seu libro “Galeguismo e Liberdade” vínculo á reseña do libro na web da editorial

Tamén vos achegamos a entrevista feita na Radio de Tui sobre a presentación do libro

As presentacións do libro serán:

-Tui: hoxe (nota de lannister, refirese o 25 de febreiro )ás oito da tarde na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Coa presenza de Eduardo Gimenez, o presidente da GALIDEM

-Santiago: o 3 de Marzo ás sete da tarde na facultade de Ciencias Políticas. Coa presenza de Miguel Anxo Bastos, prologuista do libro e Fernando del Rio

-Vigo: o 17 de Marzo na Casa do Libro (hora por confirmar). Coa Presenza de Miguel Anxo Bastos

-A Coruña: o 24 de Marzo na Libraria Arenas (hora por confirmar). Coa presenza de Fernando del Rio e de Marcos Lema.

Tamén vos deixamos vínculo ao debate no que interviu o noso candidato á alcaldia en Santiago de Compostela, Fernando del Rio

1ª parte: http://www.youtube.com/watch?v=yyoaEjJUXz0

2ª parte: http://www.youtube.com/watch?v=um6VrGnfkI8

E por último nova na que se fala podemos ver que a de Marcos Lema por Converxencia XXI, é unha das oito candidaturas confirmadas ao concello da Coruña.

http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/15013-noticia-coruna

Saudos converxentes”

Por certo lembro o enderezo para comunicar novas, avisos ou mandar colaboracións:

galizaprimeiro@gmail.com.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

26
Xan

Folga e tempos novos

   Posted by: lannister    in Desfeita

Maña hai folga. Participaremos catro gatos, supoño. En fin desde aquí animo a xente a participar.

Por outro lado e sen ter nada que ver quen poida ler a editorial de Tempos Novos deste mes, edición impresa non esta na dixital, debería facelo. Incide de xeito moito máis atinado ca min e con mellor escrita no que xa dixen aquí.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

12
Out

Unha nación hai 500 anos?

   Posted by: lannister    in Fonte Externa

Para celebrar o 12 de outubro como merece deixovos cun texto sacado de Xornal de Galicia:

Xosé Mª Lema Catedrático de Historia 26-07-2010

“O presidente da Xunta de Galicia, na súa liña de facerse querer nos círculos madrileños que tanto frecuenta, acaba de pontificar que a nación española xa estaba conformada hai 500 anos. É dicir: cos Reis Católicos. ¡Home!, iso era o que afirmaba a Enciclopedia Álvarez de Ed. Miñón (Valladolid, 1963), da miña infancia, que tamén definía España como “una unidad de destino en lo universal” e contiña gloriosas biografías de José Antonio, Ramiro Ledesma e Onésimo Redondo. Non sei se o “noso” presidente, como na lingua, tamén pretende volver ó franquismo na interpretación da Historia de España, pero teño para min que tal visión está hoxe máis que desprestixiada, e el, como presidente de Galicia, debera estar algo máis informado. De primeiras, facerlle saber que o termo ‘nación’ tal como el o entende (=Estado), naceu coa Constitución francesa de 1791 e entrou coa de 1812 en España, e aplicalo a finais do século XV é un anacronismo impropio dunha persoa da formación que a el se lle supón. Copio dun manual escolar de Historia de España –autorizado pola Xunta de Galicia (espero que non o censure ou prohiba, tamén)– no tocante á unión dinástica dos Reis Católicos: “En 1469 tivo lugar o matrimonio de dous príncipes: Isabel de Castela e Fernando de Aragón. Isabel accedeu ao trono de Castela en 1474 e Fernando herdou a Coroa de Aragón en 1479, pero a unión das dúas Coroas era unicamente un vínculo persoal e dinástico, non se fusionaron os territorios. Cada unha das Coroas mantivo a súa personalidade, con leis e institucións propias e diferenciadas”. Un “vínculo persoal e dinástico”, ollo; é dicir, que Isabel só mandaba en Castela e Fernando só en Aragón (o ‘tanto monta’ ía por outro lado); cada Coroa coas súas cortes, leis e idiomas: todo ben parecido a un Estado confederado, que respondía máis á verdadeira tradición española do pacto fronte ao centralismo que despois se impoñería cos Borbóns no século XVIII en base ós modelos franceses (¡vaia paradoxo!). Tan por libre se gobernaban as dúas Coroas que Castela se reservou para si a conquista e colonización de América en exclusiva, apartando dela os súbditos da Coroa de Aragón. Tan por separado ían que, tras a morte de Isabel (1504), mentres a súa filla Juana pasou a reinar en Castela, Fernando seguiu sendo rei de Aragón ata a súa morte (1516), tendo tempo de tomar nova esposa (Germana de Foix) e ter un fillo dela: se este non morrese sería o herdeiro da Coroa aragonesa, e a ver onde quedaba entón esa flamante nación española de hai cincocentos anos.

Os Austrias tamén foron respectando cos seus máis e os seus menos esa especie de confederación das dúas Coroas, que, coa incorporación de Portugal (1580) con Filipe II, se converteron en tres. E agora unha dúbida que me asalta: ¿cal era máis “nación” española: a dos Reis Católicos de hai 500 anos sen Portugal ou a de Filipe II de hai 400 co territorio peninsular completo? Por certo, que Filipe II, segundo historiadores portugueses coma A. H. de Oliveira Marques, respectou de maneira aceptable as cortes, leis e idioma de Portugal sen tentar castelanizar este reino (tome nota, señor presidente), como tamén o fixo o seu sucesor Filipe III. A continuidade da unidade peninsular frustrouse sesenta anos despois cos intentos centralizadores de Filipe IV, engaiolado polos cantos de serea do Conde-Duque de Olivares, o seu valido: “Quero dicir, señor, que non se contente con ser rei de Portugal, de Aragón, de Valencia, conde de Barcelona, senón que traballe e pense como reducir estes reinos de que se compón España ao estilo e leis de Castela sen ningunha diferenza, que se a Vosa Maxestade alcanza, será o príncipe máis poderoso de mundo”.

Nin que dicir ten que este intento centralizador provocou en 1640 unha rebelión xeneralizada, e non só Portugal e Cataluña se ergueron na procura da súa independencia política, senón tamén Andalucía, Aragón e Navarra. ¿Quen son os verdadeiros separadores, señor presidente? Portugal recuperou a súa independencia en 1668 e desde aquela, temeroso do ‘imperialismo castelhano’, endexamais quixo saber nada de novas tentativas de unión peninsular. Cataluña non se independizou, pero quedou ferida e desconfiada de Castela ‘for ever’; en 1714 impoñeríase alí pola brava o centralismo castelán seguindo modelos que os Borbóns traían de Francia. En fin, mágoa que o ‘noso’ presidente aínda teña na mente un clixé tan anticuado como enganoso da Historia de España: visigodos >> reino de Castela >> España. Todo o que se aparte desta liña recta cualifícase de separatismo. Seguimos aínda sen aprender da Historia e repetindo os mesmos erros: o centralismo intransixente de certos partidos e dirixentes acaba por provocar o efecto contrario. Hai uns días, no Congreso dos Deputados, o señor Durán i Lleida (CiU) advertía do mal que lle estaban ocasionando a España os centralistas separadores; se o ‘noso’ presidente lese o Sempre en Galiza, comprobaría que Castelao xa fixera esa advertencia setenta anos atrás.”

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

7
Out

Galeguismo=Esquerda: historia dunha anomalía

   Posted by: lannister    in Fonte Externa

Sacado de Galicia Confidencial

“Galeguismo=Esquerda: historia dunha anomalía

Por Carlos Vázquez Padín | Santiago | 05/03/2010

Se lermos a Justo Beramendi, catedrático recoñecido como a maior autoridade académica sobre a historia do galeguismo político, no seu texto publicado xunto con Xosé Manoel Núñez Seixas e titulado “O Nacionalismo Galego” di o seguinte con respecto ao movimento galeguista da segunda república e ao impacto que nel tivo o franquismo…

“un movemento nacionalista en paulatino ascenso, que conquería ir dotandose dunha base social ampla e diversificada (…) máis que ainda non estaba dabondo artellada e asentada como para resistir o impacto terríbel da Guerra Civil e os longos 39 anos da ditadura franquista (…) a memoria histórica do nacionalismo galego non sobreviviu sen embargo entre os seus primeiros votantes e a masa dos seus afiliados da maneira que sí o fixo en Cataluña e o País Basco: en 1936 producese unha clara ruptura xeracional (…) isto implicará que o nacionalismo galego haberá ser practicamente reconstruido ex novo baixo o franquismo”.

No Partido Galeguista da segunda república coexistian distintas tendencias ideolóxicas que ian desde as máis progresistas de Castelao ou Bóveda ás máis tradicionalistas ou conservadoras de Otero Pedrayo ou Vicente Risco, non existia, porén unha tendencia marxista ou declaradamente socialista ou comunista dentro do PG. Os mesmos autores afirman que o Sempre en Galiza supón a fixación ideolóxica do nacionalismo nos postulados da áa liberal-democrática do PG. En todo caso parece dificilmente discutible que o PG era un movemento de amplo espectro ideolóxico pero ubicado dentro dun abano de ideoloxías non moi lonxanas ao centro político, sen presenza do marxismo e do fascismo. A ruptura xeracional que supón a ditadura fai que se perda ese capital político interclasista da segunda república e que o galeguismo político rexurda nos anos sesenta coa incorporación do pensamento marxista, a través das duas familias ideolóxicas da esquerda galeguista, primeiro a UPG e posteriormente o PSG, que non deixan de ser, case cincuenta anos despois, as duas familias políticas, con matices, que se continuan a disputar o control do galeguismo de esquerda neste momento histórico, a través dunha loita a morte no seo do BNG.

Cataluña logra pasar a longa noite de pedra nas mellores condicións das tres nacionalidades que conseguiran a aprobación do seu estatuto na II República, ERC e UDC xa existian naquela altura e como aportación novedosa aparece a CDC de Pujol nos anos setenta, filla dun entorno social xa moi favorable ao catalanismo político que permite que o dano da ditadura sexa menor, o Pais Basco pasao peor, o PNV resiste coa suficiente forza para acadar o poder xa nas primeiras eleccións autonómicas pero a dinámica reactiva xerada pola ditadura provoca unha máis das suas excrecencias negativas e destrutivas: ETA.

É portanto o longo periodo ditatorial, o que en Galicia acaba provocando que un galeguismo de amplo espectro e próximo ao centro como o da segunda república, se convirta nun galeguismo de inspiración marxista e ubicado nun estremo do mapa político deixando todo o espazo central para formacións políticas de ámbito estatal, algún politólogo definiu ao BNG, ao meu xuizo con pleno acerto, como “la Izquierda Unida Gallega” tanto pola sua inspiración marxista como polo seu modelo organizativo baseado na creación dunha frente controlada con manu militari por un partido comunista, no caso galego a UPG e no español o PCE. Isto para calquera que considere a Galicia como o seu país e o seu marco de acción política non pode ser visto senón como un verdadeiro drama, que país pode ter viabilidade de futuro cando só unha organización ubicada no 2,8 na escala de 0 a 10, sendo 0 o estremo esquerdo e 10 o estremo dereito, polos cidadáns galegos segundo o CIS, reinvidica o dereito a existir dese país?.

É a ruptura xeracional e a dinámica acción-reacción dunha ditadura fascista de coarenta anos que da orixe a ese corremento do galeguismo cara á esquerda, non descubro a pólvora dicindo que o franquismo fixo moito mal por acción e por reacción e moitas das suas consecuencias ainda perduran trinta e cinco anos despois da morte do ditador. Porén estamos no 2010, é o momento no que xeracións de galegos que xa non fomos socializados no franquismo, nen influidos pola sua negativa dinámica de acción-reacción os que temos que pór sobre a mesa a necesidade urxente que este País ten de crear algo novo, algo que non sexa debedor en absoluto ou fillo da ditadura nin por acción, como o PP que ainda non condenou esa ditadura, nin por reacción, como o BNG e que normalice o menú político galego para acometer a sua imprescindible homologación aos paises máis avanzados do noso entorno occidental europeo, a aparición de Converxencia XXI neste momento non ten nada que ver coa casualidade, coincide coa chegada á madurez política e persoal dunha xeración á que o franquismo xa non nos influe e non nos produce máis que o fondo rexeitamento que como amantes da democracia e da liberdade sentimos por calquera ditadura de esquerdas ou dereitas en calquera lugar do mundo.”

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,