Posts Tagged ‘sistema educativo’

5
Out

Na defensa do ensino público galego

   Posted by: lannister    in Avisos e anuncios

para calquera aviso: galizaprimeiro@gmail.com

tamén en Galizauberalles2

Tags:

25
Mar

De malvados nacionalistas e libros de texto.

   Posted by: lannister    in Desfeita

Unha das cousas que me leva fascinado desde que comecei a ler xornais ala polo 1993 é o da sempiterna cantinela dos medios da dereita mediatica respecto os “nacionalismo periféricos” : Mais concretamente o feito de que manipulan e distorsionan a Historia, como se iso fose algo privativo deles e non a tónica xeral dos nacionalismos o longo e largo do mundo. Aínda lembro o ABC chamándolle a Fraga nacionalista radical. Nesa presunta manipulación dos malvados periféricos o ensino da historia ocupa un lugar preferente pois: lembremos que o nacionalismo español non minte nin manipula so di a verdade como na afirmación: Atapuerca, España!, o falar do homo antecesor e configuralo como o primeiro español.

Naqueles anos nos que eu disfrutaba da Pax Fraguiana como alumno de instituto primeiro e universitario despois sempre ría  a cachón cando incluían a Fraga no mesmo saco que a Pujol ou Arzalluz. Sobretodo porque no tema da historia os libros de texto en Galiza incluían con sorte unha páxina ou un paragrafo sobre a historia de aquí. Páxina ou paragrafo que acostumaban a estar o final do capitulo de cada tema e que nunca se daban debido a “la falta de tiempo”.

Co aínda mais malvado bipartito, no 2005, tocoume voltar o instituto desta vez como profesor encargado de “falsificar la verdadera historia y llenar la mente de los niños de cosas que no existieron nunca salvo en la mente enferma de los nacionalistas”  (Pedro J ou Jimenez Losantos dixit, que non lembro cal dos dous a soltou nin gañas teño de miralo). Cal foi a miña sorpresa o ver que os libros de texto seguían a ter unha páxina ou capitulo o final de xeralidades infantís sobre Galicia (non cambio de termo é que o nome dos capítulos é Galicia). Visto que todo seguía igual so me quedaba saber se o de “la falta de tiempo” continuaba igual. Nese curso 2005/2006 no que fun chimpando dun sitio a outro como substituto, e grazas o programa de gratuidade dos libros de texto que permite ver que fixeron o ano anterior, puiden ver que mais ou menos a cousa seguía igual. Desde entón primeiro como interino e despois xa como funcionario continuei chimpando e vendo como o apartado de Galicia sempre aparecía nos libros riscado ou marcado cun gran No entra. Cousa que tendo en conta que eu si a dou e a amplío dada a súa irrelevancia natural no libro de texto contribúe a miña popularidade alí por onde vou. Por certo no curso 2006/2007 vin o libro equivalente, neste caso de Xeografía, de Castela e León: era da mesma editorial e dos mesmos autores e non tiña unha páxina senón un tema enteiro adicado a Castela e León para cada eido especifico.

O cal nos leva a outro tema interesante o galego dos libros de texto e como se escollen. Nun artigo de Vieiros xa se falaba do pésimo galego dos libros de texto e aventuraba que os tradutores eran inexpertos. Disinto, os tradutores son tradutores automáticos, así nos libros de historia e xeografía so existe o termo xeneral:

Definición RAG

xeneral s. Mil. Xefe militar de máis alto grao no exército de terra ou do aire. Ascendeu de coronel a xeneral. s Xeneral de brigada. Militar de grao inferior no xeneralato. / Xeneral de división. Xefe militar de grao intermedio entre o de tenente xeneral e o de xeneral de brigada.

Definición Digalego:

s BÉL Oficial de máis alto grao na xerarquía militar, nos exércitos de terra e aire. RELIX Xefe dunha orde ou congregación relixiosa.

Cando na meirande parte dos casos debería ser xeral:

Definición RAG

xeral adx. 1. Que se refire ó conxunto de individuos, de casos, de detalles, etc., e non a cada un en particular. Dáme a túa opinión xeral sobre o asunto. Cultura xeral. ANT. particular. 2. Que afecta á maioría ou á totalidade dunha colectividade. Un asunto de interese xeral. SIN. común.Convocaron unha asemblea xeral para o venres. O profesor deu aprobado xeral. 3. Que abarca o conxunto dunha organización, dun servizo, etc. A Dirección Xeral de Política Lingüística depende da Consellería de Educación. s En xeral.En conxunto, sen pararse nun elemento en particular. En xeral, a xente sabe o que quere. Falo en xeral e non de ti.

Definición Digalego:

Que se refire a un conxunto de cousas, individuos ou feito

Que afecta maioritariamente a unha comunidade

Que abarca o conxunto dunha organización ou dun servizo

Que é frecuente ou usual

Porque a meirande parte dos libros de texto son traducións de edicións feitas para o resto do estado. E por que é así? Aquí é onde entramos na elección dos libros de texto.

Cando un pensa na necesidade de mais financiamento para os centros educativos case sempre lle ven a cabeza a idea de mais ordenadores. E os ordenadores están moi ben, porén nun centro publico precisase de todo. E como a administración sempre atopa escusas para pagar o menos posible o resultado é que se buscan fondos onde sexa. Isto implica que a elección de libros de texto teña moito mais que ver coas vantaxes económicas que poida outorgar a editorial que co libro en si. Por outra banda hai que ter en conta que o contido dos libros debe cumprir as esixencias da administración estatal e  a autonómica ergo non hai marxe para a creatividade da que falan na brunete mediatica, nin para ir en contra da meirande parte dos tópicos desfasados.

Polo tanto poñámonos nun centro calquera a hora de escoller os libros de texto. Faise a chamada de rigor as editoriais para que envíen as mostras correspondentes (e as ofertas económicas). As mostras chegan e o departamento reúnese para unha primeira peneira: aqueles que son rematadamente malos (algún hai así), os das tirrias persoais dos profesores etc. caen nesta primeira peneirada. Así normalmente os que se clasifican son os de Santillana e Anaya. Vicens Vives acostuma caer nesta primeira selección pois os seus libros “teñen demasiado contido para as esixencias actuais e falan demasiado de Cataluña e dos cataláns”. Os libros de editoriais galegas, por separado ou agrupadas no Consorcio segundo a edición, pasan a primeira fase mais que nada por non chamar a atención. Que por certo Anaya xoga con vantaxe pois presenta os seus libros e os de xerais. Unha vez chegado a este punto tentarase chegar a un acordo entre os membros do departamento para darlle tódolos cursos a unha editorial ou repartir salomonicamente entre varias. Aquí si que xa hai so dous criterios: o que ofrecen (o mais importante) e a editorial favorita de cada quen. Ao final vai primar o primeiro salvo casos dunha vaca sagrada de departamento que conseguira a editorial que quere para a súa materia. Nesta fase os libros escritos directamente en galego caen si ou si na maioría dos casos o non poder igualar a oferta económica das grandes. Grandes que fan unha edición base para todo o estado e engaden/traducen o que sexa necesario. A min tocoume vivir un par destas eleccións: gañando unha Anaya porque nos ofrecía un canón proxector, varios mapas murais, os libros de texto necesarios para os profesores e outros para ter en reserva no departamento como material de consulta. Non era o mellor libro. O mellor era de A Nosa Terra. Non se chegou a falar coa editorial para ver que ofrecía: ” No hombre no, como vamos a escoger un libro de A Nosa Terra. ¿Qué dirían los padres?” dixo o director do centro e verdadeiro factótum do departamento. No segundo caso chegouse a unha situación de compromiso: Santillana polo que daba e SM porque era o que quería o profesor para a súa materia. Neste caso os libros das editoriais galegas caeron con razón porque era moi malos. En fin a preocupación mostrada por se  van traducir os libros do galego o castelán e os conflitos de dereitos de autor e vana.
Espero que co anterior se teña algo mais claro porque o galego dos libros de texto é como é e como funcionan as cousas no apaixonante sistema educativo galego.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: , ,