Posts Tagged ‘Xopau’

7
Feb

E de quenes estamos a falar?

   Posted by: lannister    in Política

Ao fin parece que os do Encontro Irmandiño van marchar este domingo, ou non? A estas alturas un xa sabe se están de troula ou simplemente non teñen nin idea de nada. Para aclararnos un pouco as cousas Xopau fai un Quen é quen do BNG. Certo que estaba pensado para a semana pasada de aí o comezo do texto, e certo tamén que esquece o PNG-PG o único representante da dereita dentro do BNG, porén o que di segue sendo válido. No caso do PNG-PG tampouco importa moito, leva anos sen facer máis cousa que existir e servir de argumento para xustificar que o BNG é a casa común do nacionalismo. Por certo eles tamén están pensando en marchar. Respecto o do PSOE só podo dicir que todo segue o guión previsto fai moito, sen que a labazada do 20 N, maior do previsto, cambiase nada. En fin deixovos con Xopau. Dado que a anotación é moi longa poñovos o pdf para que o descarguedes.quenestnobng-120130152818-phpapp02

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

10
Xan

SOBRE ZAPATERO. IN MEMORIAM

   Posted by: lannister    in Política

Voltamos tal e como dixemos, a Deus grazas e a San Patricio tamén.  Comezamos cunha anotación de Xopau, pensada para o pot 20N, porén segue sendo valida, pese o adiamento na publicación. Sen máis deixovos con Xopau:

“Ter militancia política activa permite algunhas veces cousas que doutro xeito non se poderían facer. É moito máis fácil para unha persoa significada politicamente falar ben doutra da oposición que para a maioría dos votantes. Eu  nunca fun socialista nin apoiei a Zapatero pero moitos dos que onte foron ás urnas a tombar o seu partido si creron nel  e por iso hoxe teñen un especie de silencio moral sobre as súas cabezas.

Desde a óptica nacionalista vaise o único presidente do goberno de España que creo que chegou a entender as reivindicacións históricas de certas comunidades e que representou a un PSOE verdadeiramente con vocación federal. Só desde esta óptica se entende en todo o seu conxunto a entrega das armas por parte de ETA ou a experiencia do tripartito en Cataluña. Tamén se entende así a saída de Paco Vázquez para o Vaticano co fin de propiciar un bipartito en Galiza que non estivese permanentemente minado polas opinións dun personaxe tamaño. É certo que en Euskadi o PSOE se aliou co PP pero ese paso tamén era alí necesario se se quería que logo chegasen outros. Para un nacionalista son actos insuficientes pero que marcan distancia con respecto aos anteriores presidentes de goberno e moito me temo que marcarán abismos cos que están por chegar.

Os amigos do simbólico débenlle un acto sen precedentes na democracia española: o cumprimento da súa promesa electoral de retirar as tropas de Iraq con todo o que iso supuxo. É un acto de autoridade do Estado Español que nunca fará o PP por moito que presuma de nacionalista español e de defender os intereses patrios. O patriotismo do PP é tan pobre e chabacano que coma o de toda a dereita española de sempre remata en Euskal-Herria e en Catalunya. É un patriotismo de charanga e pandeireta, de zarzuela e chotís, de señorito andaluz vido a menos…

Nunca fun, por outro lado, grande defensor de facer unha política baseada en exclusiva nos dereitos civís, cousa que non quere dicir que non me parezan importantes. Semella triste que un presidente dos EEUU gañe as eleccións cun programa que se basea nun 50% no feito de ser negro, o mesmo sucedía con Hillary Clinton cando competiu  na carreira á Casa Branca empregando o argumento de ser muller. Non en tanto, e se un se move por internet, parece que a maioría da xente nova de esquerdas entende esta ideoloxía só coma feitos deste tipo. É dicir pesa o feito de ser muller, gay, non andar en coche oficial, baixarse o soldo e cousas así. Non chego a entender os odios a Zapatero de xente deste teor despois da Lei do Aborto, da Lei que regula o matrimonio entres persoas do mesmo sexo e tantos outros feitos simbólicos que desenvolveu e que foron moitas veces proporcionais aos problemas estruturais do seu goberno.

Sobre a crise que o tombou fixo os xestos que faría calquera gobernante nun primeiro momento. Cando se di que negou a crise o que non se explica é que o sistema capitalista e o que mellor o encarna, a Bolsa, móvense por algo tan lene e variable como a confianza. Se Zapatero dixese que o país ía entrar en recesión a cousa adiantaríase pero isto non indica que se fose a saír antes nin que a crise actuase con menos virulencia.

En fin, Zapatero foi mal presidente por moitas outras cousas: permitir que a Unión Europea e os mercados afogasen a autoridade dos gobernos, deixar seguir medrando a especulación urbanística, non converter a España nun estado Federal, banalizar coas ministras na revista Vogue, usar os dereitos civís para encubrir os seus erros de xestión, non colocar as linguas do Estado como intocables nos territorios onde se falan, modificar a constitución conchabándose co PP e facer unas campañas baseadas en marketing puro e duro (aquilo de ZP).

Agora ben, ninguén dos que non votaron socialista o 20-N lle pediron nunca nada diso e ademais sempre estiveron en contra de medidas dese tipo, tamén hai catro anos cando lle deron a maioría. Por iso eu teño o beneficio da crítica e eles non. Por iso eles non foron votar o Domingo optando por esconderse nas casas e pola abstención e por iso, ao fin, o BNG nunca rendabiliza os votos socialistas que se perden. É o mesmo que dicir que moitos votantes socialistas de Galiza son infinitamente peores que Zapatero para a nosa nación. Noxo me dá cando me din que con eles nos temos que aliar.

Coa caída de Rodríguez Zapatero volta o PSOE máis cerril, centralista e xacobino ,como  de feito xa se viu na campaña. É un PSOE que en Galiza e nalgúns concellos da Mariña coñecemos ben.Ese PSOE que durante os próximos dous ou tres anos vai firmar co PP, por falso patriotismo, todas as medidas que este adopte  e que nos devolverán territorialmente ao nivel competencial dos anos 80. Medidas, fique claro, que nadan teñen que ver coa solución da crise pero que van ir no lote.

Eu nunca fun de ZP e por iso dixen.”

Tamén en Galizauberalles2

 

Tags: ,

9
Feb

Vaia Semaniña

   Posted by: lannister    in Política

Con dúas semanas de retraso, debido a problemas varios, publico unha colaboración deXopau.

” VAIA SEMANIÑA!!!

Esta semana estamos de despedidas. Dicimos adeus á liberdade en Internet e adeus á Nova Caixa Galega antes de nacer.

Os culturetas e artistiñas estarán de noraboa pero os que entendemos o feito artístico coma unha profesión igual que as demais non podemos asistir máis que con desolación ao desmantelamento das descargas en Internet.

Hai anos que a cultura se tornou mercancia e son os mercados os que din que cadros custan 10 millóns de euros, que libros serán best-sellers ou que un músico cobrará sempre máis que un poeta…todo isto sen explicacións racionais, sen argumentos…só pola inefable lei da oferta e a demanda que como xa se sabe nunca é tal.

Foi internet o instrumento máis eficaz para descapitalizar a arte, pois son precisamente os contidos máis consumistas e máis inseridos na dinámica capitalista os que sofren o maior número de descargas. Así se explica a alegría de Alejandro Sanz e de tanta outra xente que para seguir acumulando as súas abusivas fortunas tiveron nestes anos que tirar do directo e voltar as orixes mesmas do feito artístico. Están de parabéns. Seguiremos manténdolles os jets privados, as casas en Beverly Hills, etc…

A miña ilusión sempre foi non atinar. Unha conciencia negativa do devir humano, o feito de vivir nun país cunha historia sen grandes euforias nos últimos quiñentos anos e un certo caracter pesimista fan que os meus vaticinios encarrilen, sen case querelo, cara ao negativo. Así foi no tema das caixas onde desde o comezo non vin con claridade que a fusión fose a solución de nada e onde as apertas co PP soaban como a trampa de seguro.

Varias cousas me parecen evidentes neste tema:

Se dúas entidades con enormes activos contaminados se fusionan os activos contaminados tamén se fusionan e non desaparecen como por arte de maxia. En total entre as dúas chegamos a 30603 millóns de euros no sector inmobiliario un 55% do seu capital.

Á marxe da política, se estas dúas entidades viven e se benefician do diñeiro prestado pola banca estranxeira é normal ( e non arte do demo) que esta estexa un tanto preocupada e queira garantías de que vai cobrar. Igual que a NCG quere garantía dos particulares ou empresas aos que deixa diñeiro.

Se toda a vida defendimos que as caixas funcionaban moi mal e eran como bancos, por que carallo nos asusta agora a bancarización?

Podemos ter un banco galego e con obra social… o Pastor xunto coa fundación Barrié xa o é. Eu creo que os esforzos deberían ir por aí.

Por último teño duas teimas. Sempre se vai mellor co PP que co PSOE e neste últimos dous anos se fica alguén que non lle quede claro,ademais de por motivos sentimentais, que explique por que. Eu son dos que quero saber a onde vou mesmo cando vou a precipitarme polos cantís. Non teño palabras para o que leva feito o PSOE., A segunda certeza é que na economía capitalista gaña o que xoga coas regras da economia capitalista e non o que vive nun lamento permanente por aquilo que se perde.

Por certo irei á folga da CIG…outro enorme lamento por algo que con catro millóns de parados xa non interesa a ninguén. A xente pregúntase como cotizará para cobrar…dá o mesmo 35 que 40 anos.

Sinto o retraso e que moito do que di perdera algo de actualidade.

Tamén en Galizauberalles2

Tags:

19
Nov

Aldraxe e dignidade

   Posted by: lannister    in Lingua

Desde que gobernan os señores que nos gobernan, todos sabemos o que son máis non o digo para non caer no delito de calumnias contra o honrado gremio das meretrices, as aldraxes contra lingua e a cultura galega son constantes. Xopau reflexiona sobre unha recente: a concesión do Otero Pedrayo a Fraga.

“Extra, extra!!!! As deputacións outórganlle a Fraga o galardón Otero Pedrayo. Como era de esperar o galardoado aproveita o discurso para dicir que espera que a vida lle dea uns meses máis para seguir defendendo a España. Manda carallo.

Otero Pedrayo: o que resisitiu firme nos anos duros da Guerra, o que perdeu o seu traballo de profesor e tivo que vender as súas terras para poder vivir no ostracismo a que o condenaron os fascistas, o que falou por primeira vez nun acto público en galego despois da Guerra e foi apoupado polos camisas azuis que querían rebentar o acto cantando o caraosol.

Otero Pedrayo: o que axudou e formou as xeracións máis novas de galeguistas nos anos 60 aínda que fosen marxistas e non lle importou porque eran nacionalistas ao fin, o símbolo da fidelidade, o home que máis recordou a Castelao nos anos nos que só mentar o seu nome te podía condenar, o que se entrevistou con el en Arxentina por dúas veces, o máis xeneroso e o que nunca aproveitou os premios que como galego recibiu para dicir que había que defender España. Descanse en paz.”

Mentres de vez en cando salta algo de dignidade, como a renuncia de Agustín Fernández o premio “deses señores”.

Tamén en Galizauberalles2

Tags: ,

15
Nov

Érase unha vez

   Posted by: lannister    in Lingua

Nos comentarios desta anotación Xopau falaba dun texto que nos manda hoxe:

O relato de Margaret Atwood Érase unha vez verquido por min ao galego.

-Érase una vez unha nena pobre, tan fermosa como boa, que vivía coa súa pérfida madrastra nunha casa no monte.

-Monte? Iso do monte é historia, xa está ben, estou farta da movida do monte. Non é unha imaxe propia da nosa sociedade. Vamos con algo urbano, para variar.

-Érase unha nena pobre, tan fermosa como boa, que vivía coa súa pérfida madrastra nunha casa nas aforas.

-Iso está mellor, pero teño que cuestionar seriamente iso de pobre.

-Pero é que era pobre!

-O de pobre é relativo. Vivía nunha casa, non?

-Si

-Entón, socioeconómicamente falando, non era pobre.

-Pero o diñeiro non era seu! É máis, a historia conta que a pérfida madrastra facíalle vestir farrapos e durmir a carón da cheminea.

-Ondiah! Tiñán cheminé! Cando se é pobre, perdoa que che diga, non hai cheminé. Ven comigo ao parque, ás estacións de metro pola noite, ven onde dormen en caixas de cartón, e despois fálame de pobreza.

-Érase unha vez unha nena de clase media, tan fermosa como boa.

-Para aí un momento. Creo que podemos cortar o de fermosa, non? As mulleres de hoxe teñen que aturar abondos modelos físicos intimidantes, con todas esas barbis dos anuncios. Non podes facela…máis do diario.

-Érase unha vez unha nena con un lixeiro sobrepeso e dentes saltóns, que…

-Non ten graza rir dos defectos físicos. Ademais estás fomentando a anorexia.

-Non estaba rindo de ninguén! Estaba describindo.

-Salta a descrición. A descrición oprime. Pero podes dicir de que cor era.

-De que cor?

-Xa sabes. Negra, branca, vermella, morena, amárela. Esas son as opción. E, advírtorte, estou farta do branco. A cultura dominante tal, a cultura dominante tal outro.

-Non sei de que cor era.

-Pois será da túa, non?

-Pero si o conto non ten nada que ver comigo. É sobre unha nena.

-Todo ten que ver contigo.

-Empezo a pensar que ti non queres oir este conto.

-Anda, segue. Podes facela étnica. Ao mellor axuda.

-Érase unha vez unha nena de ascendencia indefinida, tan normaliña como boa, que vivía coa súa malvada …

-Outra cousa. Boa e malvada. Non cres que debes trascender eses epítetos puritanos, críticos e moralistas? Ao final, case todo é cuestión de condicionamento social, non?

-Érase unha vez unha nena, tan normaliña como ben socializada, que vivía coa súa madrastra, que non era unha persoa moi aberta nen cariñosa pois ela mesma fora maltratada na infancia.

-Mellor. Pero estou farta de imaxes femininas negativas! E as madrastras…sempre lles toca todo. Cambia a padrastro, anda. Ademais tería máis sentido, tendo en conta o mal comportamento que estás a piques de describir. E mete uns poucos látigos e cadeas. Xa se sabe como son eses homes de mediana idade, retortos, reprimidos.

-Eh, un momento! Eu son un home de mediana idade.

-Ti pérdete, que andas metendo os fociños!? NInguen che deu permiso para meter o zoco ou como queira que chames a esa cousa. Este é un asunto entre nosoutras. Segue.

-Érase unha vez unha nena.

-De que idade?

-Non sei. Era xove.

-Isto remata en voda, non?

-Ben, non quería estropear o final, pero…si.

-Entón podes ir tachando esa terminoloxía condescendente e paternalista. É unha muller, colega. Unha muller!

-Érase unha vez…

-Que é isto de érase e unha vez? Chegou xa de pasado morto. Cóntame algo actual. E ademais, érase onde?

-Onde? Pois…non sei, nun país lonxano.

-Por que?

-Por que que?

-Por que non aquí?

–                           “

Tamén en Galizauberalles2

Tags: